O Goberno exponlle aos industriais da Praza de Abastos e do Mercado Municipal o proxecto de peonalización e humanización de Quiroga Ballesteros

Lara Méndez, acompañada de Rosana Rielo e Manuel Núñez, avanzou as tarefas, que se licitarán en outono: reurbanización da rúa, creación de zonas de descanso, renovación de abastecemento e saneamento e da iluminación e soterramento de cables de suministro

O proxecto tamén contempla o desenvolvemento de elementos axardinados. Tras a realización destas obras haberá unha segunda fase de actuación, a execución dunha cuberta na rúa, o que contará cun proxecto diferenciado

Esta é outra actuación da Alcaldesa para recuperar a esencia dunha cidade, definida, principalmente, pola existencia de espazos públicos para o seu uso público; que conta cun orzamento de 1,1M€ e un prazo de execución de 10 meses

Coa peonalización e humanización, o equipo de Méndez equilibra a mobilidade, a sostibilidade e a socialización, e faino ademais nunha parte central, importante e emblemática da cidade, a zona de compras diarias, co obxecto de dinamizal

Luns, 20 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno exponlle aos industriais da Praza de Abastos e do Mercado Municipal o proxecto de peonalización e humanización de Quiroga Ballesteros

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, xunto á enxeñeira municipal, Marta Carballal, mantiveron este luns, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, un encontro cos industriais da Praza de Abastos e do Mercado Municipal para darlles a coñecer as tarefas de peatonalización e humanización que acometerá o Goberno na rúa Quiroga Ballesteros, dende Bolaño Rivadeneira ata a Praza de Santo Domingo. Trátase dunhas tarefas que se licitarán en outono, cun orzamento de 1,1 millóns de euros e un prazo de execución de 10 meses.

As obras engloblan, por unha banda, a reurbanización da rúa, que pasará a ser de uso preferente para peóns. Para elo demolerase a totalidade da pavimentación existente, e unificarase nunha sola cota todo o pavimento, eliminando así toda barreira arquitectónica, Tamén se proxectan zonas de descanso, nas que se ubicará mobiliario urbano de cor negro e gris (bancos e papeleiras), o que permitirá un disfrute máis relaxado da cidade, potenciando o caracter vivo do espazo público ao longo do día.

A rúa terá paso ocasional de vehículos residentes e de urxencias e labores de carga e descarga na franxa horaria autorizada. Este pouco tráfico discorrerá próximo á fachada norte da rúa de xeito que non supoña unha interferencia no funcionamento peonil do vial.

Así mesmo, a actuación conleva a renovación das redes de abastecemento (de PVC a función dúctil) e saneamento en toda a rúa (cun colector unitario); a execución da obra precisa para soterrar a instalación de alumeado público, renovando as farolas actuais  en fachada por outras de deseño contemporáneo e baixa altura, e a execución de obra civil para soterrar distintos cables de suministro de rede eléctrica e telefonía.

A maiores, o proxecto, que se acometerá por etapas, contempla iluminación de chan, así como iluminación LED no propio mobiliario urbano -bancos-; coa finalidade de conseguir un caracter máis cálido e acolledor a pé de rúa e que permita a iluminación suave e indirecta dos edificios, todo elo dentro da política municipal de conseguir unha cidade enerxética sostible. Ademais, tratarase o ábside da igrexa de San Pedro cunha iluminación mediante luminarias de chan, que dean presenzan a este monumento catalogado. Para o calella do mercado, proxéctase a colocación dunha serie de farolas en fachada.

Ademais, introduciranse elementos axardinados, mediante a colocación de diferentes especies arbustivas e arbóreas. Tras a realización destas obras haberá unha segunda fase de actuación, a execución dunha cuberta na rúa, o que contará cun proxecto diferenciado.

Esta é outra actuación do equipo de Lara Méndez para recuperar a esencia dunha cidade, definida, principalmente, pola existencia de espazos públicos para o seu uso público. Con estas tarefas, o Goberno reordena Quiroga Ballesteros tendo en conta a utilidade dun espazo público: crear zonas de convivencia colectiva, o que propiciará unha cidade máis cálida, viva e inclusiva.

Paralelamente, con esta peonalización e humanización, o Goberno equilibra a mobilidade, a sostibilidade e a socialización, e faino ademais nunha parte central, importante e emblemática da cidade, a zona de compras diarias, co obxecto de dinamizala. Para esta liña de animar a zona, o Goberno ten en conta o estudo Walk this Way, da institución Brooking en Washington DC, que arroxa que os lugares urbanos peatonalizados teñen unha economía moito máis activa que os non peonís.

Noticias relacionadas