O Goberno arrinca cos Orzamentos 2018 cumprindo unha gran demanda veciñal: o ascensor público de Fontiñas

Lara Méndez avanzoulle á veciñanza do barrio o inicio do procedemento de contratación destas obras de accesibilidade, ao que deu luz verde hoxe a Xunta de Goberno. O proxecto conta cun investimento de 255.398,27 euros

"Os orzamentos son unha ferramenta impescindible para un bo desenvolvemento da cidade e para executar obras tan necesarias como esta", subliñou a rexedora, quen definiu a construción do ascensor público como "unha obra que dará servizo ás 10.000 persoas que viven na contorna, conectando o barrio ca cidade"

A estrutura do ascensor terá unha altura de 14,50 metros, dende a cota do chan terminando na Ronda das Fontiñas, e unha ocupación de 2x2 metros en pranta. Disporase dun alumeado no itinerario accesible e humanizarase a zona

Mércores, 09 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno arrinca cos Orzamentos 2018 cumprindo unha gran demanda veciñal: o ascensor público de Fontiñas

O Goberno de Lugo comezou hoxe a materializar os orzamentos do 2018, 20 días despois da súa aprobación definitiva, cumprindo cunha gran demanda veciñal. Deste xeito a Xunta de Goberno deste mércores aprobou o inicio do procedemento para a contratación das obras de construción do ascensor público de Fontiñas, un proxecto que conta cun investimento de 255.398,27 euros e un prazo de execución de 4 meses. De feito, na sesión deste mércores deuse luz verde aos pregos que rexerán a adxudicación dos traballos. O prazo de presentación de ofertas é de 20 días naturais dende a súa publicación no Perfil do Contratante.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, achegouse esta mañá ao barrio, acompañada do Voceiro Municipal, Miguel Fernández, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, para dalles conta do inicio da contratación desta actuación de mobilidade e accesibilidade aos veciños e veciñas da zona.

"Os orzamentos son unha ferramenta impescindible para facer un bo desenvolvemento da nosa cidade e para executar obras tan necesarias como esta, que veñen reivindicando hai tempo os veciños e veciñas", subliñou a rexedora, quen definiu a construción do ascensor público como "unha obra moi necesaria, que vai dar servizo a case 10.000 persoas que viven na contorna, conectando o barrio ca cidade".

"Seguimos dando cumprimento ás demandas veciñais e ao noso modelo de cidade, co que buscamos un Lugo accesible", continuou a Alcaldesa, ao tempo que fixo fincapé na mobilidade, "fundamental para o Goberno".

O ascensor de Fontiñas salvará o desnivel de 11 metros existente entre esta ronda e a rúa Ramón  Montenegro, conectado o barrio co centro de saúde e co centro da cidade. Para elo, deseñouse un ascensor, que na súa parte final terá unha pasarela, que se materializará como unha estrutura de aceiro, tipo celosía, cuberta lateralmente con paneis de vidro traslúdico. Un extremo da pasarela apoiarase na beirarrúa de Ramón Montenegro, mentres que o outro apoiarase na estrutura do cañón do ascensor, que tamén se materializará como unha estrucutra de aceiro de tipo celosía con cerramento de vidro transparencte, salvo a súa parte inferior, que estará formada por muros de formigón de 2,20 metros de altura. Todo elo estará cimentado tamén en formigón.

A estrutura do ascensor, que estaría ubidado na Ronda das Fontiñas, lindante coa marquesiña de autobus actual, terá unha altura de, aproximadamente, 14,50 metros dende a cota do chan terminado na Ronda das Fontiñas, e unha ocupación de 2x2 metros en pranta. Ademais, disporanse dun alumeado que garanta as condicións de iluminación do itinerario accesible. Para isto, tamén é necesario realizar unha modificación do último tramo da escaleira, para garantir unha altura libre obstáculos baixo a pasarela.

Paralelamente á construción deste ascensor con pasarela contemplánse distintas melloras de humanización da zona, como a substitución das varandas da escalinata, para darlle máis seguridade; ou a reparación de pavimentos, con acabado antideslizante, para garantir a seguridade; así como a ampliación de beirarrúas e implantación de novos pasóns de peóns nesta zona.

Audio

  • A Alcadesa Lara Méndez, sobre o ascensor público de Fontiñas | Descargar mp3

Multimedia

  • O Goberno arrinca cos Orzamentos 2018 cumprindo unha gran demanda veciñal: o ascensor público de Fontiñas

Noticias relacionadas