O alcalde, Miguel Fernández, anuncia un novidoso Plan Municipal de Vivenda para Lugo, unha folla de ruta para ampliar o parque de inmobles e garantir o acceso á vivenda

Entre outras medidas, o Concello creará unha Bolsa Municipal de Alugueiro Asequible, xestionada por Evislusa, na que as persoas propietarias poderán ceder as súas vivendas vacantes ao Concello de maneira remunerada e con garantías.

Aplicarase un recargo no IBI de ata o 150% ás vivendas baleiras de grandes propietarios, para incentivar a súa posta en uso. Mentres que se bonificará un 95% a aqueles propietarios que participen na bolsa de alugeurio municipal.

“Este plan é un compromiso político e social: queremos que a vivenda sexa un dereito real, non un privilexio. Apostamos por un modelo de cidade máis xusta, máis habitable e con máis oportunidades”, sinalou o rexedor.

Ademáis vaise limitar as vivendas de uso turístico, que só poderán autorizarse en edificios de uso exclusivo ou nas plantas baixas e primeiras, co fin de protexer o mercado residencial.

Xoves, 23 de outubro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde, Miguel Fernández, anuncia un novidoso Plan Municipal de Vivenda para Lugo, unha folla de ruta para ampliar o parque de inmobles e garantir o acceso á vivenda

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, acompñado polo edil de Uirbanismo, Jorge Bustos, e o director xeral de sta área, Hipolito Pérez,  anunciou hoxe que o seu Goberno está a elborar un Plan Municipal de Vivenda con tres obxectivos primoridiais: Conservar e rehabilitar o parque de vivendas existentes, mobilizar as vivendas baleiras para destinalas ao alugueiro e aumentar o parque de vivendas dispoñibles para a veciñanza. Trátase polo tanto dun instrumento estratéxico co que o Concello pretende incrementar o parque de vivendas dispoñibles, fomentar o alugueiro, frear o encarecemento dos prezos e impulsar a rehabilitación.

“Hoxe damos un paso importante para o futuro da nosa cidade. Lugo precisa innovar dentro das súas competencias na súa política de vivenda. Ë ímolo facer con visión de futuro, con rigor e con sensibilidade social. Este plan marcará o camiño das políticas municipais nos próximos anos”, afirmou o rexedor. “Ainda que non é unha competencia esclusivamente municipal, o Concello de Lugo non pode permanecer alleo. Temos a obriga de actuar, de planificar e de ofrecer respostas ante a alrmante siutación de falta de vivenda pública provocada pola inacción da Xunta”, insistiu.

Cada un destes obxectivos inclúe medidas concretas e prazos realistas, así como a coordinación entre os servizos municipais de Urbanismo, Arquitectura e a empresa pública EVISLUSA.

Primeiro obxectivo: conservar e rehabilitar o parque existente

O rexedor explicou que Lugo conta con 62.648 vivendas, moitas delas con décadas de antigüidade, polo que a conservación e a rehabilitación son unha prioridade. Para acadar este obxectivo, o Concello axilizará a concesión de licenzas, reforzando o Servizo de Arquitectura e mellorando os prazos administrativos, na liña de traballo que se leva execurtando ao longo dos últimos anos baico a dirección de Hipólito Pérez.

O rexedor sinalou que de forma inminente aprobarase definitivamente a nova Ordenanza de Conservación e Rehabilitación, que entrará en vigor antes de rematar 2025, e permitirá actuar ante incumprimentos dos deberes de mantemento. Ademais afirmou que o Concello creará un inventario de inmobles en mal estado, para aplicar medidas de expropiación, venda ou substitución forzosa, priorizando os edificios catalogados. Nesta liña, Fomentará as axudas á rehabilitación, lembrando que a última convocatoria destinou 850.000 euros ao Casco Histórico.

Neste sentido,  Fernández lamentou que a Xunta de Galicia non abrira unha segunda convocatoria dos Entornos Residenciais de Rehabilitación Programada, “bloqueando centos de millóns de euros e impedindo que barrios como A Milagrosa ou Feijóo puideran beneficiarse desta liña”. Finalmente, o Concello impulsará un programa de adquisición de vivendas para a súa rehabilitación e posterior destino a alugueiro ou venda a prezo limitado, a través de Evislusa.

Segundo obxectivo: mobilizar as vivendas baleiras

“En Lugo existen 10.700 vivendas baleiras, o que representa o 17% do parque total. Non podemos permitirnos ter miles de pisos pechados mentres moitas familias non poden acceder a un alugueiro digno”, advertiu o rexedor. Para corrixir esta situación, o plan prevé dúas medidas principais. Por un lado, aplicar un recargo no IBI de ata o 150% ás vivendas baleiras de grandes propietarios, para incentivar a súa posta en uso. É por outro, crear unha Bolsa Municipal de Alugueiro Asequible, xestionada por Evislusa, na que as persoas propietarias poderán ceder as súas vivendas vacantes ao Concello de maneira remunerada e con garantías. A cambio, recibirán bonificacións fiscais do 95% no IBI, mentres o Concello destinará esas vivendas a alugueiros por debaixo do prezo de mercado.

Terceiro obxectivo: aumentar o parque de vivenda dispoñible

O Plan tamén contempla medidas para incrementar a oferta residencial, tanto pública como privada, cun modelo de crecemento sostible. Para acadar este obxectivo vaise modificar a normativa e ordenanzas do PXOM para facilitar o cambio de uso e mellorar as condicións de habitabilidade, prevista para aprobación definitiva no segundo semestre de 2026.

Ademáis vaise limitar as vivendas de uso turístico, que só poderán autorizarse en edificios de uso exclusivo ou nas plantas baixas e primeiras, co fin de protexer o mercado residencial.Ademais crearase novo solo urbanizable, con máis de 300.000 m² actualmente en xestión, garantindo unha reserva mínima do 40% para vivenda protexida.

Neste sentido, orexedor recordou a colaboración mantida co IGVS para ampliar o parque público. “O convenio asinado o 28 de maio de 2025 permitirá construír 1.200 vivendas novas no Sagrado Corazón, ademais doutras actuacións en distintas zonas da cidade”, sinalou..

“Un compromiso político e social co futuro de Lugo”

Antes de rematar, Fernández  insistiu en que o Plan Municipal de Vivenda non é só unha ferramenta técnica, senón “un compromiso político e social co dereito a unha vivenda digna e coa calidade de vida da veciñanza”.

“Queremos que a vivenda sexa un dereito real, non un privilexio. E queremos que a xuventude de Lugo poida desenvolver o seu proxecto de vida aquí, sen ter que marchar por falta de oportunidades”, afirmou o alcalde.

O rexedor aproveitou a súa comaprecencia para agradecer ao director xeral de Urbanismo a súa colaboración e ao concelleiro de Urbanismo, Jorge Bustos, o seu traballo e dedicación na elaboración do plan. Tamén tivo un agardecemento para Benigno Jáuregui, xerente de Evislusa, pola súa portación ao proxecto. “Con este plan, Lugo dá un paso adiante, planifica o seu futuro e pon ás persoas no centro das políticas de vivenda. Porque a mellor maneira de construír cidade é garantir que todas e todos teñan un fogar digno no que vivir”, concluíu o alcalde.

Audio

  • O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sobre a presentación do plan de vivenda | Descargar mp3

Multimedia

  • O alcalde, Miguel Fernández, anuncia un novidoso Plan Municipal de Vivenda para Lugo, unha folla de ruta para ampliar o parque de inmobles e garantir o acceso á vivenda

Noticias relacionadas