A Muralla de Lugo sabe a nata, crema e chocolate

Centos de persoas puideron degustar unha torta xigante cunha fotocomposición da Muralla creada con retratos de máis de 3.600 cativos para conmemorar o 15º aniversario deste monumento como Ben Mundial

No acto, organizado polo Concello en colaboración co Grupo El Progreso, participaron a Alcaldesa e outros membros da Corporación municipal

Luns, 30 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
15º aniversario da Muralla como Ben Mundial

Os lucenses e visitantes puideron degustar este luns unha ración de torta xigante de nata, crema e chocolate, cunha fotocomposición da Muralla, creada con retratos de máis de 3.600 alumnos dos centros educativos da cidade, un acto organizado polo Concello en colaboración co Grupo El Progreso, con motivo do 15º aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade. Ata a carpa situada na Praza Anxo Fernández Gómez achegáronse centos de persoas dende as 18:00 horas, que por soamente 20 céntimos tiveron a oportunidade de degustar unha ración de torta solidaria, pois o recadado irá integramente destinado ao Banco de Alimentos de Lugo. No acto participaron a Alcaldesa, Lara Méndez, e membros da Corporación municipal. Tamén había outras dúas tortas de menor tamaño dedicados aos outros Bens Mundiais de Lugo: o Camiño Primitivo e a Catedral, así como unha tarta para celíacos.

Os actos de conmemoración do recoñecemento da Muralla como Ben Mundial continúan do 4 ao 8 de decembro nesta mesma carpa, que acollerá un concurso de fotografía sobre o monumento bimilenario. A partir de marzo do 2016, no Centro de Interpretación da Muralla estarán dispoñibles postais sobre a recuperación e posta en valor das portas da Muralla de onte e de hoxe.

Multimedia

  • 15º aniversario da Muralla como Ben Mundial

Noticias relacionadas