Medio Ambiente limpa e arranxa os bancos da Praza Maior

Martes, 04 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente limpa e arranxa os bancos da Praza Maior

A concellería de Medio Ambiente comezou hoxe os traballos de limpeza e arranxo dos bancos de madeira da zona verde da Praza Maior. 

O edil responsable, Miguel Fernández, supervisou o inicio destas labores. “Actuaremos nos 60 bancos, e procederemos a limpialos, lixalos e pintalos, e a cambiar os listóns rotos por uns novos en aqueles casos que sexa necesario”.  

O concelleiro aproveitou para pedir a cidadanía que contribuíse a manter a cidade en condicións no día a día con pequenos xestos que permitan respectar os espazos comúns e o mobiliario urbano, “e usándoo, como son as papeleiras, porque é unha obriga de todos, concellos e veciñanza, preservar e manter o noso querido Lugo coidado”.

Noticias relacionadas