Medio Ambiente destinará 10.400 euros á reparación e acondicionamento da pasarela peonil do parque Marcos Cela

Alvaro Santos visitou o inicio dos traballos para o arranxo do espazo, que se encontra nun estado de deterioro que podería provocar accidentes ou danos a terceiros

Xoves, 05 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente destinará 10.400 euros á reparación e acondicionamento da pasarela peonil do parque Marcos Cela

O edil Álvaro Santos visitaba esta mañá o inicio dos traballos de reparación e acondicionamento da pasarela peonil do parque Marcos Cela, tarefas ás que Medio Ambiente destinará 10.400 euros.

Santos explicaba, que “o estado de deterioro da pasarela levounos a proceder ao seu acondicionamento e reparación co fin de evitar accidentes ou danos a terceiros”.

“O obxectivo é recuperar estes espazos para o uso e desfrute da veciñanza á maior brevidade posible, por iso, dende a área de Medio Ambiente traballamos para realizar as intervencións coa máxima celeridade pero temos que ter en conta a climatoloxía, debido ás características dos materiais utilizados, e resulta complicado estimar unha data de fin da reparación”, concluíu o concelleiro.

No mes de xuño dende área de Medio Ambiente tamén se destinaran 16.000 euros ao acondicionamento das zonas verdes do Pazo de Feiras e dos parques Marcos Cela e Paxariños, tarefas que consistiron, fundamentalmente, na sega da herba e na roza da maleza que se multiplicou durante a primavera pasada debido ás altas temperaturas e ás choivas rexistradas.

Noticias relacionadas