A Xunta de Goberno celebrada esta mañá adxudicou a licitación durante un período de catro anos, prorrogable por outro exercicio máis, cun custo de 14.000 euros anuais

A área de Medio Ambiente disporá dun servizo de reparación permanente dedicado á reparación, conservación e mantemento integral da maquinara auxiliar de xardinería.
A Xunta de Goberno adxudicaba esta mañá a licitación, que terá unha duración de catro anos, prorrogable por outro exercicio máis, e que foi orzamentada en 14.000 euros anuais.
O edil Álvaro Santos indicou que o contrato inclúe non só a man de obra, os repostos e consumibles necesarios para proceder ao arranxo das avarías senón que tamén suporá a posta a disposición da brigada municipal de Xardíns da maquinaria precisa para que, no caso de detectarse algunha deficiencia nos equipos, os operarios poidan continuar desenvolvendo sen interrupción as súas tarefas.