Lugo recibe a última obra do viveirense David Catá

A Alcaldesa e o Presidente inauguraron a exposición, que se poderá visitar na Sala de Exposicións do Museo Provincial ata o vindeiro 28 de xaneiro

David Catá (Viveiro, 1988), preséntanos en Ephemera, a fugacidade da vida a través de fotografías persoais que recuperan instantes perdidos da súa memoria persoal

Xoves, 16 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo recibe a última obra do viveirense David Catá

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Deputación, Darío Campos , xunto á Deputada de Cultura, Pilar García, inauguraron este xoves a exposición Ephemera, a última obra do artista David Catá (Viveiro, 1988). A colección, que estará exposta ata o 28 de xaneiro na Sala de Exposicións do Museo Provincial, está composta de máis de 80 pezas principalmente fotográficas que amosan a particular visión artística de Catá, no que ensina como a vida se constrúe a partir de momentos fugaces. A entrada a esta exposición é totalmente de balde.

No acto, a Alcaldesa puxo de manifesto “o compromiso da entidade provincial coa Cultura, co arte, en todas as súa manifestacións, e, sobre todo, coa promoción dos artistas novos e lucenses que están destacando no panorama creativo, mesmo a nivel internacional”.

Así mesmo, amosou “o seu orgullo de que Lugo acolla a exposición deste artista, un valor á alza no mundo da arte que se atopa nun momento de madurez creativa, logo de ter acadado unha importante cantidade de premios a todos os niveis, rexionais e nacionais; incluso sendo seleccionado en festivais internacionais como o de Berlín ou Nova York”.

Pola súa banda, Darío Campos remarcou que “esta exposición reflicte o compromiso do Goberno da Deputación cos creadores da vangarda artística galega, como é o caso de David Catá. É imprescindible que as institucións cedan o espazo a novas producións galegas. Por iso, o Museo Provincial convértese nun lugar idóneo para visibilizar a labor dos creadores de vangarda, neste caso a David Catá, un artista xa consolidado”.

O Presidente da Deputación engadiu que “é un privilexio contar no Museo Provincial de Lugo coa obra deste recoñecido artista, que dende fai anos traballa en Viveiro no seu proxecto persoal, que abarca a pintura, a escultura, a fotografía e a videoperformance. Un traballo, ademais, internacional, pois a obra de David Catá, xa percorreu os países de México, Nova York, Perú, Cuba, Portugal, Camboya e España”.

O artista David Catá agradeceu a implicación do Goberno da Deputación na difusión desta exposición. “Hoxe é un autentico luxo, e un privilexio estar aquí na capital lucense, exhibindo por primeira a miña obra a titulo individual. Por iso quero dende aquí pedir a implicación de todas as institucións publicas para que promocionen as producións artísticas que están nacendo, e que merecen un espazo para ser recoñecidos polos publico en xeral”.

Prestixio internacional

David Catá (Viveiro, 1988) artista multidisciplinar, xa que traballa con técnicas artísticas como a fotografía, escultura, a aos con oito anos comezou no Conservatorio de Música de Viveiro. Tras graduarse en 2010 na escola de Bellas Artes de Vigo, gañou o certame fotográfico da Deputación de Ourense. Con este premio comezou o Máster en fotografía de concepto e creación, na EFTI de Madrid. Dende entón, o artista reside en Viveiro, onde traballa na súa obra, a cal conta con multitude de galardóns e prestixio internacional. Nesta última exposición, Catá explora como a fotografía pode prantar cara ao esquecemento, este traballo é o resultado dunha consolidación artística profesional.

Hotel Venecia

Antes de comezar o acto de inauguración desta nova exposición, David Catá sorprendeu aos asistentes coas súas composicións musicais inspiradas nas súas propias obras, coa actuación do seu grupo Hotel Venecia. Compoñen esta formación xunto a Catá, Juan Cabalar e Ana Represas.

Multimedia

  • Lugo recibe a última obra do viveirense David Catá

Noticias relacionadas