Luns, 05 de outubro de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este luns a tradicional ofrenda floral da Corporación Municipal ao patrón de Lugo, San Froilán, nun acto que tivo lugar a partir das 12:00 horas na Catedral conmemorando o día do patrón de Lugo.
Previamente, a rexedora, quen lle desexou un bo San Froilán a todos os veciños e veciñas, e os concelleiros, desprazáronse en comitiva dende a Casa Consistorial ata a Catedral.