Entregados os premios do concurso de decoración de escaparates e establecementos do Concello

Lara Méndez, Carmen Basadre e José María Seijas entregaron estes premios, que recaeron nos establecementos Veritas Veritatis, Pan de Plata e Rebolo Bellas Artes

Venres, 13 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Entregados os premios do concurso de decoración de escaparates e establecementos do Concello

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, entregaron este venres no Salón de Plenos os premios do Concurso de decoración de escaparates e establecementos durante o Nadal 2016, organizado polo Concello.

O primeiro premio deste certame, dotado con 800 euros, recaeu no establecemento Veritas Veritatis, o segundo, cunha dotación de 400 euros, foi para Pan de Plata, e finalmente o terceiro, dotado con 200 euros, correspondeulle a Rebolo Bellas Artes.

Un xurado profesional, composto polo escaparatista e mestre no CIFP das Mercedes, José Manuel Castro, a profesora da Escola de Artes e Superior de Deseño Ramón Falcón, María del Carmen Fernández, e o fotógrafo Xosé Reigosa, foi o encargado de escoller aos premiados.

Noticias relacionadas