A concellería de Infraestruturas unificará o mantemento dos sistemas de extinción de incendios nos edificios municipais

O contrato, que sairá por un prezo base de 21.981€, terá unha duración de un ano, prorrogable outro ano

Alexandre Penas: “todo isto é posíbel grazas ao traballo que está a realizar o persoal do concello desde as súas casas”

Martes, 24 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Infraestruturas unificará o mantemento dos sistemas de extinción de incendios nos edificios municipais

Dende a concellería de Infraestruturas Urbanas estase a ultimar o prego para o servizo de mantemento dos sistema de extinción de incendios dos edificios municipais. Segundo explicou Alexandre Penas, “con este novo contrato levarase un maior control do mantemento obrigatorio dos equipamentos, e adecuarase a sinalización á normativa vixente”..

Segundo Alexandre Penas, “o contrato sairá a concurso cun orzamento de 21.981€ e unha duración de un ano prorrogable un segundo”. Alexandre Penas explicou que “ademais do mantemento, incluímos tamén a revisión trimestral obrigatoria dos extintores”. Alexandre Penas destacou que “todo isto faise posíbel grazas ao traballo que está a realizar o persoal do concello de Lugo durante estes días desde as súas casas”

“Desde a concellería de Infraestruturas traballamos en gañar calidade nos servizos ao mesmo tempo que aforramos cartos á veciñanza”, declarou Alexandre Penas, que engadiu “este novo contrato súmase ao mantemento dos ascensores e caldeiras, que nos permiten aforrar nos distintos servizos”.

Audio

  • O edil Alexandre Penas, sobre o contrato dos extintores | Descargar mp3

Noticias relacionadas