Alexandre Penas: “traballamos en resolver estas incidencias no menor tempo posible”
- Tema

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que durante o día de hoxe foi reposto o semáforo situado no cruce entre a ronda da República Arxentina e a rúa Santiago. Segundo indicou Penas, “o semáforo xa foi colocado e o tráfico da zona volve circular con normalidade”. Investíronse 2.000€, dedicados á retirada, reparación e colocación do semáforo, ademais de reforzarse a base de formigón sobre a que se asenta, “para tentar evitar que se volva producir esta situación”.
O concelleiro de Infraestruturas declarou que “traballamos en resolver estas pequenas incidencias no menor tempo posible”, e engadiu que “consideramos importante para o día a día da veciñanza dispoñer das infraestruturas urbanas nun bo estado de mantemento par ao normal funcionamento da cidade”.
Audio
- O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre o reposto do semáforo | Descargar mp3