
Inspección local de lecer nocturno
Sobre as 3:35 horas do día 19 de outubro efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acoden á rúaCatedral xa que os veciños denuncian molestias que proveñen dun local de lecer nocturno.
Os axentes comproban que a uns 30 metros do local escóitase música en ton moi alto, accedendo varios policías ao interior do establecemento, observando que a porta de entrada áchase aberta, sen controlador e no interior hai 36 clientes, sen contar o persoal e encargado do establecemento, cando por aforo deberían estar 27 persoas como máximo.
Por tal motivo realízase inspección, levantando acta de denuncia polas infraccións seguintes á normativa de espectáculos públicos e Lei de Saúde de Galicia:
• Carencia de dispensadores de xel hidroalcohólicoao dispor do público.
• Carencia de exposición ao público da capacidade máxima.
• Superar o aforo permitido.
• Exercer a actividade coas portas abertas, transmitindo altos niveis de ruído ao exterior.
Por outra banda ás 5:00 horas unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno detecta que un local de lecer nocturno, situado na rúa Mariña Española, áchase aberto con clientes no interior, cando debería estar pechado ás 3:00 horas, levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia.
Filtros de seguridade viaria
Durante a madrugada do día 19 de outubro realizáronse diversos filtrosde seguridade viaria, detectando na rúa dos Gardas o condutor dun turismo que presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,49 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.