Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 28 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Sobre as 2:10 horas do 28 de maio, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, en funcións de vixilancia para o cumprimento da normativa do Goberno da Nación sobre as condicións de prestación de servizo dos locais de hostalaría, detectaron que un establecemento nocturno situado na rúa Tui estaba aberto ao público, con música en funcionamento e persoas no seu interior consumindo bebidas.

Que unha vez identificado o responsable e comprobado que o local ten licenza de café-teatro e, por tanto, considerado como “bar de lecer nocturno”, infórmaselle que por normativa do Estado ten prohibida a reapertura ao público para consumir dentro do establecemento, levantando os axentes acta de infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá con multa de ata 30.000 euros.

Así mesmo, en aplicación do disposto no Real Decreto 463/2020 polo que se declara o Estado de Alarma, procédese ao desaloxo e peche do establecemento, suspendendo a actividade que se estaba a levar a cabo.

Noticias relacionadas