PRESUNTO DELITO DE ATENTADO A AXENTES DA AUTORIDADE
Sobre as 21.25 horas do luns 21, un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio foi comisionado na Praza do Ferrol, xa que a Sala do 092 recibira un aviso dunha pelexa entre un home e unha muller. Os axentes trasladáronse de inmediato ao lugar, localizando a parella, coincidindo ambos en que só estaban a bromear, aínda que el presentaba as costas totalmente rabuñadas, separándose nese momento e ausentándose. Momentos máis tarde recíbese un novo requirimento, comprobando os axentes que a mesma parella se atopaba envolta nunha pelexa, sendo necesaria a mediación dos axentes para separalos.
A muller mantivo en todo momento unha actitude hostil cara ao home, intentando abalanzarse sobre el en varias ocasións e tamén cara aos policías, aos que tamén intentou agredir, polo que foi necesario proceder á súa detención, sendo trasladada a un centro sanitario, onde intentou novamente golpear cunha patada a un dos axentes, e posteriormente a dependencias policiais, para a instrución de dilixencias por un presunto delito de atentado.
PRESUNTO DELITO DE VIOLENCIA DE XÉNERO / VIOLENCIA DOMÉSTICA
Sobre a 1.00 horas do martes 22 varios indicativos do Grupo Operativo Nocturno foron comisionados nunha vivenda da zona sur da cidade, onde un home manifesta que a súa parella o está a agredir. Os axentes localizan en primeiro lugar á muller, que presenta un claro estado de axitación, observando que os cristais da porta de acceso á vivenda se atopan fracturados. A continuación entran en contacto co home, co torso espido e restos de sangue.
A muller di que cando se atopaba nun establecemento de hostalaría el lle quitou o teléfono, polo que o seguiu para recuperalo, momento no que a empurrou e a tirou ao chan, manifestando ter sido agredida en máis ocasións; tras o cal continuou a discusión no domicilio.
O home manifestou que, tras discutir coa súa parella, marchou ao seu domicilio, sendo seguido pola muller, que fracturou o cristal da porta para poder entrar. Unha vez no interior tería collido un obxecto punzante, intentando cravarllo no peito e mordéndoo.
Os axentes procederon á detención de ambos, sendo trasladados inicialmente a un centro sanitario e posteriormente a dependencias policiais.
Seguridade Viaria
Un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio, cando solicita a documentación ao condutor dunha motocicleta, observa que o permiso que presenta, expedido en Venezuela, non ofrece garantías sobre a súa autenticidade, polo que proceden ao seu exame máis minucioso, determinando finalmente que se trata dunha falsificación, motivo polo cal se inician dilixencias por un presunto delito de falsidade documental e por un presunto delito contra a seguridade viaria, ao non acreditar estar en posesión dunha autorización administrativa para conducir a motocicleta.

