O Concello inicia o expediente para facer a beirarrúa en Virxe da Soidade

A alcaldesa de Lugo informou que “xa se iniciaron os trámites para a obtención dos terreos necesarios para facer o viario público e que o proxecto para licitar a obra está xa listo

A intervención, cun investimento duns 150.000 euros, permitirá acondicionar 230 metros de itinerario peonil e mellorar a seguridade de alumnado, familias e veciñanza que utiliza esta vía onde está o Colexio de As Gándaras listo para licitar a obra

Luns, 17 de agosto de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello inicia o expediente para facer a beirarrúa en Virxe da Soidade
O concello de Lugo dá un novo paso para facer realidade unha actuación comprometida que mellorará a seguridade viaria no acceso ao colexio de As Gándaras, cunha intervención na rúa Soidade entre a Calzada de As Gándaras e a rúa do Peto.
 
A intervención conta cun custo de licitación duns 150.000 euros e permitirá acondicionar un tramo de 230 metros, dotando dunha infraestrutura peonil básica unha zona utilizada diariamente por alumnado, familias e veciñanza.
 
A alcaldesa, Elena Candia, informou que se iniciaron os trámites para a obtención dos terreos necesarios para facer a beirarrúa xa que se precisa facerse con aproximadamente 60 metros de lonxitude de 2,5 metros de ancho, de dúas propiedades.
 
Un proxecto que leva anos pendente
 
A actuación parte dunha encomenda a EVISLUSA realizada en 2018 para o desenvolvemento do proxecto. Desde o Grupo Municipal do Partido Popular reclamouse reiteradamente a súa execución e incorporouse tamén  como proposta no marco dos orzamentos municipais e é un dos compromisos adquiridos cos lucenses no noso proxecto de cidade.
 
Entre as novidades respecto do proxecto anterior figura a creación, na marxe dereita, dunha plataforma con rampa adaptada que permitirá reubicar a parada de bus que existe nesta zona.
 
O proxecto contempla ademais o mantemento dos actuais reductores de velocidade e a ampliación do paso de peóns situado na Calzada das Gándaras con  Virxe da Soidade entre outras melloras.
 
Na zona situada diante do colexio habilitarase espazo para o estacionamento para autobuses, mentres que tamén se realizará a correspondente sinalización para o estacionamento de vehículos particulares nas dúas marxes.
 
A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou que “esta obra ademais de ser un compromiso adquirido é un acto de xustiza para protexer a seguridade na contorna do centro educativo e para o resto da veciñanza do barrio".

Multimedia

  • O Concello inicia o expediente para facer a beirarrúa en Virxe da Soidade
  • O Concello inicia o expediente para facer a beirarrúa en Virxe da Soidade
  • O Concello inicia o expediente para facer a beirarrúa en Virxe da Soidade
  • O Concello inicia o expediente para facer a beirarrúa en Virxe da Soidade

Noticias relacionadas