Área de Deportes, Infancia e Xuventude

Actualidade

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid (2026.11.07)
Sábado, 07 de novembro de 2026

Por primeira vez, as entidades que fan posible este festa de interese turístico internacional serán as protagonistas da súa promoción nesta feira de turismo interior de España, cunha expedición de 16 asociacións e 173 participantes. A iniciativa foi acordada e traballada conxuntamente nunha reunión celebrada o pasado 8 de setembro.

A alcaldesa coñece os programas da Asociación Antonio Gandoy de apoio á crianza e á educación infantil
Xoves, 05 de novembro de 2026

A entidade, continuadora de Preescolar na Casa, acompaña cada semana arredor de 70 familias con iniciativas de orientación e encontro que apoian as familias e contribúen á conciliación.

Lugo acollerá unha xornada de fútbol a pé para dar a coñecer esta modalidade deportiva inclusiva
Martes, 03 de novembro de 2026

O concelleiro de Deportes, Damián Carballo, participou na presentación da primeira xornada de fútbol a pé (walking football) en Lugo, acompañado por Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo; Manuel Castro «Vilachá», delegado da Real Federación Galega de Fútbol en Lugo; José Ángel Castro, presidente da AD Legado San Roque FAP, e Iván Pico, adestrador e psicólogo da entidade.

Elena Candia recibe no Concello a Óscar Rodríguez de Vivero, campión do Mundo de Oratoria en Español
Luns, 02 de novembro de 2026

A alcaldesa interesouse pola traxectoria deste mozo lucense e polo traballo que desenvolve desde a Asociación Más Debate, con sede en Lugo, para achegar a oratoria e o pensamento crítico ás novas xeracións e desexoulle sorte para o campionato de España que se celebrará esta semana en Oviedo