Corte no servizo da Rede Municipal de Subministración de Auga para hoxe, 16 de marzo

O Concello de Lugo informa de que hoxe, 16 de marzo, procederá a cortar durante a tarde o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en:

  • Rolda da Muralla do número 52 ao 76.

A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.
 
O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.