Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 29 de novembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Auxilio a cidadáns

Durante os últimos días, os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio e do Grupo Operativo Nocturno, realizaron os seguintes servizos de auxilio cidadán:

  • Condutor de bicicleta que sofre accidente de circulación e debe ser trasladado a un centro sanitario, sen que haxa ningunha persoa que se faga cargo do vehículo. Os axentes recollen a bicicleta e custódiana en dependencias policiais ata ser recollida polo seu titular.
  • Persoa que, en horas de madrugada, di que o seu fillastro atópase perdido nunha zona das Gándaras. Os axentes localizan ao mozo na Avenida de Fisterra, presuntamente baixo a influencia do alcol, coa cara ensanguentada e un golpe na fronte, sendo informado de que estaba a ser buscado pola súa familia, ante o cal se nega a ser asistido polos sanitarios e auséntase do lugar, polo que é acompañado polos policías ata a chegada da súa esposa, que se fai cargo del.
  • Muller de 89 anos de idade, caída no seu domicilio, sen que o seu esposo sexa capaz de levantala. Compróbase que non require atención sanitaria e os axentes prestan a axuda necesaria para incorporala.
  • Muller de avanzada idade caída no seu domicilio, sen que a súa filla sexa capaz de levantala. Os axentes colaboran para que poida regresar á cama.
  • Requirimento do Servizo 061 por unha persoa que se escapa da ambulancia cando estaba a ser trasladada ao HULA por unha posible intoxicación etílica. Localízase ao home, de 52 anos de idade, nas inmediacións, colaborando para que se introduza de novo na ambulancia, á cal se acompaña ata o seu destino.

Requirimentos por molestias

En horas de madrugada, os axentes trasládanse a un domicilio da rúa Mestre Soutullo, onde os veciños quéixanse polo ruídos procedentes dun piso polo volume do televisor e o movemento de mobles. Os axentes comproban o descrito e informan o morador do citado piso das molestias que estaba a causar, quedando en diminuír o volume e evitalas na medida do posible.

Tamén en horas de madrugada, os axentes han de acudir a outro domicilio no cal, segundo a información recibida pola Sala do 092, de forma frecuente xéranse molestias polo volume da música, movemento de mobles e ruídos similares. Os axentes comproban que se escoita a música con nitidez e que a mesma cesa cando comezan a subir as escaleiras, polo que informan á moradora do piso de que ha de cesar coas molestias.

Os axentes tamén acudiron a un establecemento de hostalería, que se atopaba pechado ao público, pero con xente no interior. Os ocupantes manifestan estar a celebrar un bautizo, dando por finalizada a celebración nese momento, ausentándose do lugar.

Noticias relacionadas