
Controis de alcoholemia e drogas
Durante a fin de semana, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, intensificaron os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados co seguinte balance:
ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN E DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (2)
- Na rúa San Roque prodúcese un accidente de circulación no que están implicados dous vehículos, observando os axentes que o condutor dun deles presenta signos de acharse baixo os efectivos de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas regulamentarias, lanzando un resultado POSITIVO de 1,15 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
- Na rúa Castelo de Arriba prodúcese un accidente de circulación no que un vehículo sáese da vía con volco do turismo, observando os axentes que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,40 mg/l., instruíndose dilixencias. (foto)
DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (4)
- Na rúa San Roque detéctase a circulación irregular dun vehículo que ao darlle o alto obsérvase que o condutor presenta signos de embriaguez, lanzando un resultado POSITIVO de 0,74 mg/l., instruíndo dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
- En carril dos Loureiros dáse o alto a un vehículo, observando que o seu condutor presenta signos de embriaguez, lanzando un resultado POSITIVO de 0,70 mg/l., instruíndo dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
- En rúa Montefaro intercéptase un vehículo cuxo condutor CARECE de permiso de condución por NON OBTELO NUNCA, instruíndo dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
- En rúa da Herba dáse o alto a un vehículo comprobando que o seu condutor CARECE de permiso de condución POR PERDIDA TOTAL DOS PUNTOS ASIGNADOS, instruíndo dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS (4)
- Rúa Luis Seoane. Condutor POSITIVO de 0,44 mg/l.
- Rolda da Muralla. Condutor POSITIVO de 0,43 mg/l.
- Rúa García Abad. Condutor POSITIVO de 0,47 mg/l.
- Rúa Otero Pedrayo. Condutor POSITIVO de 0,46 mg/l.
Estes catro condutores foron sancionados con multas de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.
Condutas infractoras á Ordenanza Municipal
O pasado venres 24 efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no Parque da Milagrosa, con ocasión do mercadillo semanal, levantaron NOVE actas de denuncia ao detectar as seguintes infraccións:
- 6 actas por infracción á Ordenanza de Venda ambulante pola instalación dun posto en lugar non autorizado.
- 3 actas por infracción á Ordenanza de Venda ambulante pola colocación de mercadorías fose do espazo asignado.
Na rúa Quiroga Ballesteros denunciouse a unha muller por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por ocupación de espazo público para a venda ambulante non autorizada, sendo sancionada con 600 euros.

