Fogar do Transeúnte

Fogar do Transeúnte
Rúa Deputación, 12
27004 Lugo , Lugo
Horarios: 
Almorzo: 8:00 | Xantar: 13:00 (sáb., dom., festivos) e 13:30 (lun. a ven.): 13:00 h | Cea: 19:30 h
Teléfono/s: 
982297308

Que é?

O “Fogar do Transeúnte” é o nome que recibe o albergue municipal do Concello de Lugo. Trátase dun equipamento destinado a proporcionar, con carácter temporal e de xeito gratuíto, servizos de aloxamento e manutención ás persoas transeúntes e outras persoas carentes de recursos económicos e/ou en situación de emerxencia social.

Que servizos presta?

  • Unidade de atención a persoas transeúntes e sen teito (situada no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra, terceiro andar)
  • Servizos de aloxamento e manutención (16 prazas de aloxamento para homes, 4 para mulleres e 40 de comedor).
  • Servizos de hixiene e lavandería.
  • Enderezo postal.

Directorio