Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Fogar do Transeúnte

Fogar do Transeúnte

  • Tipo
    • Servizos sociais
  • Colectivo
    • Persoas en risco de exclusión
Fogar do Transeúnte
Rúa Deputación, 12
27004 Lugo , Lugo
Horarios: 
Almorzo: 8:00 | Xantar: 13:00 (sáb., dom., festivos) e 13:30 (lun. a ven.): 13:00 h | Cea: 19:30 h
Teléfono/s: 
982297308

Que é?

O “Fogar do Transeúnte” é o nome que recibe o albergue municipal do Concello de Lugo. Trátase dun equipamento destinado a proporcionar, con carácter temporal e de xeito gratuíto, servizos de aloxamento e manutención ás persoas transeúntes e outras persoas carentes de recursos económicos e/ou en situación de emerxencia social.

Que servizos presta?

  • Unidade de atención a persoas transeúntes e sen teito: Situada no propio Albergue Municipal, na Rúa Deputación nº 12, con atención de luns a venres, de 12:30 a 14:00 horas.
  • Servizos de aloxamento e mantemento: Na actualidade conta con 28 prazas de aloxamento.
  • Servizos de hixiene e lavandería.
  • Dirección postal.

Máis info

  • BOP 15.01.2025 | FOGAR DO TRANSEÚNTE | Descargar pdf [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/localizacions/fogar-do-transeunte

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/bop_15-1-25.fogar_do_transeunte.pdf