Festival de Cinema Euroárabe 2017

Do 4 de maio de 2017 ao 1 de xuño de 2017
MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo)

O Ciclo Amal en Ruta 2017, co que, por segundo ano consecutivo, colabora o Concello, achegará á cidadanía lucense cinema multicultural todos os xoves de maio e o 1 de xuño, a partir das 20:00 horas.

Terá lugar no MIHL, onde se proxectarán tres ficcións e dous documentais, que supoñen un percorrido polo mellor cine árabe de actualidade. Nesta edición, o ciclo estará dedicado á muller, sendo unha figura feminina a directora ou protagonista dos filmes.

+ INFO

Directorio