Encontros artísticos co Camiño

22 e 23 de marzo de 2016
Saída da Praza do Campo

O Concello ofrece un novo programa de visitas guiadas gratuítas para a Semana Santa, tanto polo Camiño Primitivo como pola Ponte Vella: Encontros Artísticos co Camiño, que terán lugar os días 22 e 23 de marzo, a partir das 17:00 horas.

As visitas discorrerán pola Praza de Santa María, a Catedral, a Porta de Santiago, a Muralla, San Pedro, Praza Maior, rúa da Raíña, Santo Domingo, A Tinería, Porta Miñá, Calzada da Ponte e Ponte Vella. 

Todos os interesados en realizar algún destes roteiros, que terán como punto de saída a Praza do Campo e que terán unha duración estimada de dúas horas, deben concertar a súa visita na Oficina Municipal de Turismo de Lugo ou no teléfono 982.25.16.58. Máis información no servizo de información cidadá 010 ou no 982.29.73.50.

Directorio