A Noite de San Xoán na cidade contou cun número bastante elevado de fogueiras, a Policía Local do Concello de Lugo tramitou un total de 348 solicitudes tanto no centro urbán como na zona rural, pero isto non impediu que a celebración tivera lugar con total normalidade.
O dispositivo organizado pola Concellería de Protección da Comunidade estivo a traballar ao longo da noite realizando labores de control e seguimento co obxectivo de evitar posibles incidentes e danos ás persoas, bens patrimoniais e medio ambiente.
A Policía Local do Concello de Lugo tramitou un total de 348 solicitudes de permiso para a realización de fogueiras con motivo da Noite de San Xoán, tanto no centro urbán como na zona rural.
Coa celebración desta festa o Alcalde, José López Orozco, fixo público un bando para facer saber as normas ás que se teñen que axustar as fogueiras:

O Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, anunciou esta mañá que a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación provisional á empresa Viñas & Prieto Proyectos y Urbanismo SL para a adquisición dun baixo e espazo libre para executar a remodelación da Praza do Cantiño e a súa conexión co paseo da Muralla. O orzamento para esta actuación, englobada no Plan Urban, é de 91.002 euros.

A Xunta Local de Seguridade do Concello de Lugo reuniuse esta mañá co obxectivo de coordinar o traballo dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, afirmaron que o principal obxectivo do traballo en común é garantir a seguridade de toda a cidadanía para que disfruten da festa familiar sen ningunha preocupación.
Os Concelleiros de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e de Protección da Comunidade, José Rábade, mantiveron esta tarde unha xuntanza cos comerciantes da rúa San Marcos para tratar sobre o proxecto de peonalización desta céntrica rúa que farán o Concello e a Deputación con fondos do Plan Urban.
A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proxecto das obras de repavimentación da rúa da Raíña e San Froilán por un importe total de 1010.427 euros.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a solicitude de subvención á Consellería de Traballo para o obradoiro de emprego denominado “Lugo 10”, para a restauración das antigas casas escola de Bocamaos e de Pedreda. Como explicou o Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, esta solicitude ten como obxectivo formar e insertar laboralmente a 16 alumnos e alumnas- traballadores e traballadoras.
A folga de funcionarios foi secundada por 49 traballadores do Concello de Lugo, que representan o 6,16 % dos 796 funcionarios e empregados que ten a institución, segundo informou o Concelleiro de Réxime Interior e Protección da Comunidade, José Rábade.
Rábade sinalou que os departamentos nos que tivo máis incidencia a folga foron Estatística, Contratación, Facenda Local e Tesourería.
A Mesa xeral de negociación do Concello de Lugo acordou hoxe os servizos mínimos da folga de funcionarios do 8 de xuño.
- Policía Local: As quendas correspondentes
- Extinción de Incendios: As quendas correspondentes
- Servizos Eléctricos: Dous traballadores
- ETAP e Depósitos: As quendas correspondentes
- Brigada de Augas: Dous traballadores
- Cemiterio: As quendas correspondentes
- Parque Móbil: Un traballador
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia denegou o pago de 180 euros de nocturnidade que pedían varios policías locais nun recurso contencioso administrativo.
A sentenza da Sala do Contencioso do Tribunal Superior coincide coas teses defendidas polo Concello de pagar só a nocturnidade.
O pronunciamento do Alto Tribunal galego é consecuencia do recurso que interpuxeron varios policías contra un acordo da Xunta de Goberno Local de novembro de 2006 que aprobou a Relación de Postos de Traballo para o ano 2007.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 206
- 207
- 208
- 209
- 210
- 211
- 212
- 213
- 214
- …
- seguinte ›
- última »