Bombeiros, Policía Local, Protección Civil, equipos de Zona Rural, servizos eléctricos municipais, servizos de comunicacións, Calfensa e Urbaser traballaron durante toda a noite do venres e durante o día do sábado para garantir a volta á normalidade na cidade,
O Voceiro do Goberno Local, José Rábade, fixo balance das actuacións realizadas polos servizos municipais debido aos efectos do forte temporal que afectou ao Concello de Lugo.
* O luns amplíase o servizo de atención cidadá da Policía Local para colaborar coa cidadanía nas reclamacións por danos materiais
O Concello de Lugo anunciou a alerta laranxa a primeira hora da mañá e xa a mediodía anunciou que a partir das 21:00 horas se activaría a alerta vermella en todo o municipio.
Ás 8:00 da mañá do venres 23 de xaneiro tivo lugar unha xuntanza de urxencia para poñer en marcha un dispositivo de seguridade que, dende ese momento quedou activado.
A Concellería de Protección da Comunidade do Concello de Lugo fai públicas unha serie de medidas que debe ter en conta a cidadanía lucense ante a alerta vermella que será activada por Protección Civil no día de hoxe, venres 22 de xaneiro, a partir das 21:00 horas, momento no que segundo os servizos meteorolóxicos soprarán a unha velocidade de máis de 150 quilómetros por hora.
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Transportes que dirixe José Rábade, porá en marcha na noite de mañá 31 de decembro, o coñecido como Bus Búho que funcionará desde a 01:00 da madrugada ata as 08:00 da mañá.
Mandáronse cartas informativas aos establecementos hostaleiros da cidade co horario deste servizo especial da noite de fin de ano para informar á poboación e se colocou información nos propios autobuses xa que para o equipo de Goberno é importante que a xente deixe o coche na casa e o pase ben, sen riscos ao volante.
Protección Civil e a empresa Urbaser estiveron botando sal durante a noite e mañá de hoxe, día 22 nas seguintes rúas da cidade
Ronda da Muralla (pasarela de Montero Ríos), Ronda da Muralla desde o multiusos da Xunta ata a porta de San Fernando, porta Falsa, plaza da Constitución, centros médicos, Rúiz de Alda, Sto Domingo, rúa Alta, paso elevado e inmediación da estación de ferrocarril, praza de Avilés, Alfredo Brañas, Lamas de Prado, Comandante Manso e as zonas que habitualmente se atenden por ser sombrías e afectar máis as baixas temperaturas.
A noite de fin de ano o Concello porá en marcha o servizo de Bus Búho para que a xente deixe o coche na casa
O Concelleiro de Protección da Comunidade e Réxime Interior, José Rábade, recibiu hoxe o certificado de calidade ISO 14001:2004 e ISO 9000:2000 que acreditan cunha norma internacional o compromiso deste servizo coa calidade na xestión e o respecto ao medioambiente.
No acto estiveron presentes o presidente de Monbus, Raúl López, o xerente de Bureau Veritas, José Manuel Sánchez e o presidente da Asociación de hostalería, Francisco Real.
O Concelleiro de Protección da Comunidade e Réxime Interior, José Rábade, e o Presidente da Candidatura Independente, José Rojo, asinaron o compromiso de restablecer o diálogo permanente entre o Goberno Local e o sindicato.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu esta mañá o acto de toma de posesión dos 15 novos policías locais que pasarán a formar parte deste corpo de seguridade do Concello.
O Concelleiro de Protección da Comunidade e Réxime Interior, José Rábade, e o
Secretario Xeral da Federación de Servizos Públicos da UXT de Lugo, Eliseo Rivas Pernas, asinaron hoxe un acordo co obxectivo de mellorar o marco de relacións laborais no Concello de Lugo.
O motivo deste acordo é restablecer un clima de diálogo permanente e constructivo entre o Goberno Local e o sindicato que permita mellorar as condicións de traballo de todos os empregados públicos, da productividade, da mellora de servizos, da oferta de emprego público, carreira profesional, promoción, conciliación da
O Concello de Lugo ampliou de novo as datas de celebración dos cursos de conducción eficiente cos que os lucenses poderán aprender a adoptar medidas para reducir as emisións de CO2 na conducción, así como promover un aforro do combustible debido á alta demanda por parte dos cidadáns.
Os cursos que se celebrarán ata o vindeiro día 5 de decembro contará con dúas novas datas de celebración na fin de semana:
Sábado 29 de novembro: de 16:00 – 18:30 e de 18:30 – 21:00.
Domingo 30 de novembro: de 10:00 – 12:30 e de 12:30 – 15:00.
Os interesa
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- …
- seguinte ›
- última »