A empresa ESPINA OBRAS HIDRÁULICAS S.A. que ten adxudicadas as obras de Repavimentación no núcleo histórico. Rúa dos Clérigos. Informa que como consecuencia dos traballos de pavimentación será preciso restrinxir a entrada de vehículos nos garaxes afectados polas obras dende o mércores 12 de decembro ás 08:30 horas da mañá ata o venres 14 de decembro ás 18:00 horas.
O Portavoz do Goberno Local manifestou que “da mesma maneira que o PP se acorda de Lugo para os congresos tamén se deberían lembrar dos parados e das inversións pendentes coa nosa cidade”
Lugo equipárase a outras cidades galegas como A Coruña, Ourense e Santiago
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, anunciou hoxe a decisión do Goberno local de manter os prezos do transporte urbano colectivo de Lugo no ano 2013. O Concello autorizou, en cambio, a petición dos taxistas de repercutir nas súas tarifas a suba do Imposto sobre o Valor Engadido, que o Goberno aumentou neste servizo do 8% ó 10%, e do Índice de Prezos ó Consumo.
O Concello ten previsto investir case 92.000 euros en diversas melloras da seguridade viaria incluídas no plan de sinalización e seguridade viaria.
A mesa de contratación propuxo hoxe a adxudicación dos traballos incluídos neste plan cun presuposto de 91.757 euros.
O próximo luns 15 e martes 16 de outubro, vaise celebrar o curso de Deseño e Realización de campañas de mobilidade sostible que organiza a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o Concello de Lugo, o centro de información europea Europe Direct, e o Grupo Gea 21 S.L., que é o encargado da coordinación do programa Transport Learning en España.
O Alcalde, José López Orozco presentou hoxe o Plan de mobilidade que funcionará durante as festas de San Froilán.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita de presentación do novo Xeneral Xefe da Garda Civil en Galicia, José María Feliz Cadenas, que tomou posesión do cargo hai uns meses. No acto, no que tamén estiveron os portavoces dos grupos municipais, tamén estivo presente o Tenente Coronel e Xefe da Garda Civil en Lugo, Gonzalo Borrás.
Esta mañá tivo lugar a reunión de Xunta Local de Seguridade para comezar a deseñar os preparativos de cara as festas do San Froilán. O acto estivo presidido polo Alcalde, José López Orozco e o Subdelegado de Goberno, Ramón Carballo, ademais de contar co responsable da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao e diversos membros dos corpos de seguridade que participan no mesmo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 151
- 152
- 153
- 154
- 155
- 156
- 157
- 158
- 159
- …
- seguinte ›
- última »