
O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, participou xunto co concelleiro de Educación, Felipe Rivas, na gala final da primeira edición da iniciativa EnRedando co Galego, que se levou a cabo durante os meses de abril e maio e contou coa participación de estudantes dos IES Muralla Romana e Leiras Pulpeiro.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a edil de Benestar, Inclusión e Terceira Idade, Olga López Racamonde, visitaron hoxe o centro Uxío Novoneyra, para supervisar o remate das obras de reforma dos locais do segundo andar, nas que o Concello investiu 69.000 euros.

O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, anunciou que “vimos de poñer un marcha un reforzo na recollida de enseres, tanto na cidade como nas parroquias, a fin de reducir o número de mobles e enseres que se depositan na vía pública”.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo Inspector Xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro, visitou esta mañá o bus da Armada co que a institución militar está a realizar unha campaña de reclutamento na cidade.

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, recibiu no Vello Cárcere a un grupo de estudantes de Formación Profesional procedentes da Escola Profissional do Minho de Braga, Portugal, que realizaron as prácticas en empresas da cidade de Lugo.

Rubén Arroxo saiu ao paso das acusacións do Partido Popular, por voz de Antonio Ameijide en relación á desvinculación dos percorridos do bus e do plan de mobilidade.

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo, visitou esta mañá o inicio dos traballos de peonalización da contorna da Mosqueira.

O Concello retomará, o próximo 14 de xuño, a fichaxe por pegada dactilar, do persoal municipal.
A decisión adóptase trala suspensión do Estado de Alarma e tendo en conta o devir da pandemia, logo de que o pasado mes de maio se aprobara tamén o retorno á actividade presencial.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou esta mañá no Foro das Cidades de Madrid 2021, un dos principais espazos de debate sobre o futuro urbano grazas a alta representación e o número organizacións impulsoras, máis de 70, e de cidades participantes, máis de 50 españolas e latinoamericanas.

O Concello de Lugo incrementará o seu patrimonio en 368.035 euros.
Unha cantidade que, se ben, non ingresará en efectivo si se incorporará ao conxunto de propiedades que son titularidade da institución local a través do procedemento de adxudicación de bens ao ente acredor.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 462
- 463
- 464
- 465
- 466
- 467
- 468
- 469
- 470
- …
- seguinte ›
- última »