As rúas que rodean a Mar Catábrico, como Rei Chiquito ou Atalaya, forman parte dun proxecto de mellora do alumeado no barrio da Piringalla, que está xa en marcha.
Así o anunciou hoxe o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, que sinalou que esta obra era moi necesaria ao tratarse dunha das zonas máis deterioradas da cidade en canto a alumeado.
Indicou que o comezo das obras é inminente e suporá a instalación de todos os cadros necesarios para 52 puntos de luz.
A empresa adxudicataria da obra comezou xa os traballos de replanteo e marcaxe do proxecto, polo que nos pró
O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, deu conta onte do inicio das obras de instalación da recuperada Fonte dos Leóns na praza de Avilés.
A primeira actuación deste obra foi o desmonte da matrona da praza, situada nun pedestal que desapareceu onte para deixar paso á nova fonte.
O Concelleiro explicou que a fonte ten as súas orixes no ano 1861 e significou un longo proceso de restauración das figuras orixinais, que xa están listas para seren colocadas de novo, aínda que serán unhas réplicas de bronce as que ocuparán o lugar dos orixinais.
O polígono estreará novos servizos e un parque infantil renovado antes de que comece a rehabilitación das vivendas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron o inicio das obras do polígono do Sagrado Corazón. Estes traballos, que acadan os 480.000 euros, enmárcase no compromiso “claro e inequívoco do goberno municipal de que todos os veciños, independentemente de onde vivan, teñan os mesmos dereitos”, afirmou o mandatario municipal.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, presentaron o proxecto de urbanización da parcela destinada ó novo hospital que comprende a construción dos seus viais perimetrais. O proxecto suma 2.396.792 euros e hoxe mesmo entrou en proceso de contración. As obras serán executadas en 10 meses. "Esta obra en sí é moi importante porque é a que lle da sentido ó hospital", afirmou o Alcalde, quen recordou que é o máis moderno de Galicia e punteiro en España.
O Concello de Lugo xa cedera anteriormente a parcela para construír o novo hospital.
O Concello de Lugo dará un novo paso no camiño da peonalización, coa transformación da fisionamía dun dos viais do parque da Milagrosa en peonil.
Trátase do que une a avenida da Avenida da Coruña coa rotonda na que están situadas a bibioteca municipal e o centro social. Así o anunciou hoxe o Concelleiro de Infraestrutuas, José Piñeiro.
Esta obra significará un novo paso na revitalización desta zona, que está a se converter no centro do ocio deportivo e cultural da cidade.
Os Concelleiros de Urbanismo e Infraestruturas, José Ramón Gómez Besteiro e José Piñeiro, visitaron hoxe as obras que se están realizando para a posterior construcción da fonte cibernética, que adornará a praza de Fonte dos Ranchos.
Esta obra contempla a construcción dunha sala de máquinas de 5,30 por 4,50 metros de planta e 2,30 metros de alto.
O Concello estuda crear unha paleta de cores que sirvan de guía para harmonizar as pinturas das fachadas
O Alcalde, José López Orozco, xunto ao Concelleiro de Obras e Infraestruturas, Fernando Piñeiro, entregou esta mañá os premios Lugo, Ponte Bonito 2005 e 2006 aos veciños das Casas Sindicais de Lamas de Prado e de tres comunidades do Sagrado Corazón.
O equipo de goberno actual xestionou xa un total de 40 millóns de euros en obras de infraestruturas viarias.
A Comisión Delegada de Infraestructuras do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular reuniuse esta mañá no Salón Nobre do Concello de Ourense.
Nesta reunión foi aprobada a actualización do Mapa de Infraestructuras do Eixo Atlántico, que xa fora presentado na Asamblea Xeral do Eixo Atlántico celebrada en Gaia no pasado mes de febreiro.
Este documento revisa o grado de execución e as infraestructuras pendientes do mapa aprobado no ano 2000, para ser posteriormente remitido aos gobernos coa intención de presionar para o seu cumprimento. Na rolda de prensa celebrada antes do c
O Alcalde, José López Orozco, e o Secretario de Estado de Infraestruturas e Planificación, Víctor Morlán Gracia visitarán este martes as principais obras que está a executar o Ministerio de Fomento na cidade. Está visita servirá para supervisar o avance destes numerosos traballos que o Ministerio está a desenvolver nos principais accesos á cidade.
Estas obras están modificando notablemente as comunicacións do municipio que facilitarán o acceso ao mesmo, co conseguinte progreso económico que tradicionalmente atrae a modernización das vías de comunicación dun territorio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1885
- 1886
- 1887
- 1888
- 1889
- 1890
- 1891
- 1892
- 1893
- seguinte ›
- última »