O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, mantiveron hoxe unha reunión con representantes dos veciños de Acea de Olga para falar das tres opcións para o trazado da nova ponte sobre o río Mino.
O Concelleiro informou do contido da reunión, na que se lles informou de que o Concello está aberto a todas as suxestións e opinións veciñais, xa que non existe ningunha opción definida sobre o trazado da ponte.
O Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, comunicou hoxe a existencia dun novo informe do ICOMOS, produto da última reunión mantida a instancias do Alcalde, no que se radicaliza a postura deste organismo para a ubicación no Antigo cuartel de San Fernando do novo Auditorio.
O Concelleiro explicou que este novo informe vai máis aló e non acepta as recomendacións de Cultura, senón que indica a necesidade de cambiar o lugar de construcción.
Por outra parte, o Concelleiro explicou que un informe da mesma reunión do arquitecto Marcos Parga rebate cada unha das obxeccións p
O Concello de Lugo a e COTOP chegaron a un acordo sobre o informe autonómico que apuntaba varias modificacións necesarias para tramitar o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. O Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, e o Director Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Manuel Morato, mantiveron esta mañá en Santiago de Compostela “unha reunión moi positiva na que sentamos as bases dos acordos para salvagardar fundamentalmente o máis lle preocupaba ó Concello: as propiedades municipais que están próximas ó novo hospital”, afirmou Besteiro.
O Concelleiro de Urbanismo, José Piñeiro, informou hoxe que remataron as obras de instalación de novo alumeado en tres zonas de Lugo, concretamente na rúa Vila de Foz, na praza do Castiñeiro e tamén na rúa San Roque en toda a súa extensión, dende a Fonte do Rei até a Ronda da Muralla.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e os Concelleiros de Urbanismo e Infraestruturas, José Ramón Gómez Besteiro e José Piñeiro, visitaron hoxe as obras de demolición do tapón de López Guntín, o edificio que bloqueaba a saída desta rúa na súa intersección con Lamas de Prado.
O Alcalde lembrou que tras 30 anos de xuízos e negociacións, finalmente acadaron a solución para demoler este bloque, sen rematar de constuír.
A demolición ten que facerse de xeito progresivo e lento xa que a utilización de maquinaria pesada supón un risco para os edificios colindantes.
Os Concelleiros de Urbanismo e de Infrasestruturas, José Ramón Gómez Besteiro e José Piñeiro, visitaron hoxe o comezo dos traballos de demolición do tapón da rúa Ortega y Gasset.
Esta operación da continuidade á política do goberno local de desfacerse dos distintos tapóns urbanísticos existentes na cidade, como foi o de López Guntín, que comezou o seu derrubamento a pasada semana.
Gómez Besteiro indicou que esta operación non suporá ningún gasto económico para o Concello, xa que o que fixo foi un traballo de xestión e de axilización de trámites.
O Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, e o Delegado de Política Territorial, Daniel Núñez Segade, visitaron hoxe as inmediacións da estación de tren para especificar a situación na que se atopan as obras do Plan Paradai.
O Concelleiro avogou por manter a situación actual da estación de tren como medio de manter o dinamismo do barrio que lle da nome. “O Bloque Nacionalista Galego quere desmantelar o barrio da estación e o centro sacándolle a estes barrios a súa esencia: as estacións de tren e de bus para levalas até as Gándaras.
O Alcalde, José López Orozco, e os Concelleiros de Urbanismo e Infraestruturas, José Ramón Gómez Besteiro e José Piñeiro, visitaron hoxe os terreos onde se atopaban as antigas factorías de Abella e Frimisa e onde xa remataron os traballos de demolición.
Segundo anunciaron, os traballos de urbanización dos terreos, previos ao comezo da edificación, darán comezo o luns.
O autobús urbano nocturno, posto en marcha a modo de proba nestas festas de Nadal, funcionará novamente na noite do venres, día 5 de xaneiro.
Os Autobuses Urbanos rexistraron en todo o ano 2006 un total de 2.123.270 viaxeiros, o que supón 35.880 usuarios menos que o ano pasado.
Este descenso produciuse unicamente durante os meses de setembro a decembro e estivo motivado polas obras que se realizan na cidade e que provocan retrasos nas liñas.
Aínda así, a baixada non chegou até as cifras que se manexaban no 2004 e que estaban situadas nos 2.109.515 usuarios.
O balance do servizo foi presentado hoxe polo Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira, quen suliñou que a tendencia do
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1880
- 1881
- 1882
- 1883
- 1884
- 1885
- 1886
- 1887
- 1888
- …
- seguinte ›
- última »