A web municipal, www.lugo.es, estivo cerca do millón de visitas no 2007, xa que foron contabilizadas 975.707, o que supón un crecemento do 155% en relación ás 383.585 do 2005. Así o explicou hoxe a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, que calificou estes datos de “espectaculares”.
De feito, engadiu, as visitas multiplicáronse por 2,5 mentres que o crecemento no cambio de ano anterior foi do 36%.
Nos datos ofrecidos esta mañá houbo un promedio mensual de 81.309 visitas fronte ás 31.965 do 2005, o que supón un incremento de 49.344.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias continúa mañá, venres, cunha nova proxección do ciclo Alucine, subvencionado polo Plan Nacional de Drogas. A película elexida é “Bowling for Colombine”.
Este ciclo contempla 12 proxeccións de películas de varias nacionalidades e todas elas cun recoñecido prestixio, ao estar incluídas dentro do Plan Nacional contra as drogas.
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, e Jesús Vidal, en representación de Caixanova, presentaron esta mañá na Casa Consistorial o programa da sétima edición da Mostra de Teatro Clásico, que se densenvolverá en Lugo entre o 29 de xaneiro e o 5 de febreiro.
Segundo explicou a Concelleira, a cidade contará con sete representacións, todas elas no marco do Auditorio Gustavo Freire a partir das oito e media da tarde, a prezos populares.
Novamente voltarán a Lugo sete grandes compañías, unha delas galega, para traer adaptacións de outros tantos autores que realizaron adaptacións m
A pianista Jie Chen dará continuidade o luns á tempada de concertos 2006/07 da Sociedad Filarmónica de Lugo.
Esta actuación terá lugar, como é tradicional, no entorno do salón rexio do Círculo das Artes, a partir das oito e media da tarde do día 15.
A programación dos concertos, elaborada por este colectivo, que este ano cumpre 70 anos de existencia en Lugo, está subvencionada pola Concellería de Cultura do Concello de Lugo con 2.500 euros.
A tempada actual prolongarase ata o mes de xuño e nela se contempla a celebración de dez concertos, abrindo e pechando sempre coa actu
A Biblioteca do Centro Social de Fingoi será sede os próximos días non lectivos das actividades do programa Aula Aberta, organizada pola Concellería de Muller e Benestar Social.
Con esta aula aberta preténdese dar continuidade ás actividade programadas o ano anterior para dar resposta ás necesidades de formación e ocio alternativo durante os días nos que se suprimen as clases nos centros educativos.
Por isto, o programa está destinado a rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos e a aula estará aberta os días 2, 3, 4 e 9 de abril de nove a dúas e de catro a oito e media, o que serían
O Centro Social Municipal Uxío Novoneyra acolle mañá, martes, unha nova xuntanza dentro do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) posto en marcha polo Plan de Excelencia Turística.
O baile previsto para esta fin de semana no Centro Social de Fingoi celebrarase finalmente o día 14 de abril.
O Concello de Lugo acollerá os días 19 e 20 de abril as “I Xornadas lucenses de Prevención de Drogopendencias: misión globalizadora”, organizadas pola Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.
Estas xornadas están destinadas a divulgar o traballo que se leva a cabo en materia de prevención en distintas organizacións, así como algunhas das iniciativas existentes no ámbito da prevención de drogas a nivel nacional.
A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, mantén aberto o prazo de participación na primeira edición do Concurso Periodístico Muralla Aberta. Este certame está creado polo Concello coa intención de fomentar a igualdade entre homes e mulleres.
Esta convocatoria está aberta a todos os xornalistas e fotógrafos que realizaran traballos sobre a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, o papel das mulleres dentro dalgún ámbito ou sobre a loita contra a erradicación da violencia de xénero.
O Concello de Lugo pecha mañá, mércores, o prazo de presentación de solicitudes das axudas para o alugueiro de vivendas en Lugo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1834
- 1835
- 1836
- 1837
- 1838
- 1839
- 1840
- 1841
- 1842
- …
- seguinte ›
- última »