As ociotecas e aulas abertas comezarán a funcionar o 25 de xuño en horario de mañá e tarde
Os cinco centros sociais do Concello de Lugo ofertarán novamente este verán numerosas actividades e obradoiros para os que se abre a próxima semana o periodo de inscrición.
Serán un total de 445 prazas para rapaces e 250 para adultos as que estarán dispoñibles para os obradoiros que, como todos os anos, estarán máis orientados aos rapaces.
O Concello de Lugo está a celebrar durante esta semana a clausura do programa semestral de Animación Sociocultural dos centros sociais municipais, que se desenvolveu na cidade desde o mes de outubro.
Os actos de clausura están a ter lugar todos os días da semana ás doce da mañá.
En la mañana de este martes han sido presentadas las VII Colonias de Verano Multideporte en una rueda de prensa que tuvo lugar en el Excmo. Ayuntamiento de Lugo y a la que asistieron la Concejala de Mujer y Bienestar, Carmen Basadre, el Concejal de Deportes, Jose M. Díaz Grandío, la Jefa del Servicio Provincial de Juventud de la Xunta de Galicia, Belén Casas, el Jefe Provincial de Deportes, Eduardo Fernández Abel, así como el Gerente de Prone Lugo, Oscar Hermida.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, participou na entrega dos premios do concurso organizado por Carrefour e o Concello con motivo da celebración hoxe do Día Mundial do Medio Ambiente.
O pasado sábado, 15 rapaces e rapazas das asociacións Aspace, Síndrome de Down e Cruz Vermella celebraron unha xornada de convivencia e integración.
Esta fin de semana remata o prazo de matrícula na Escola Infantil Serra de Outes para o curso 2007/2008.
A lista definitiva cos admitidos, que foi publicada o día 1, pode consultarse na propia Escola Municipal, situada na rúa Serra de Outes, no taboleiro de anuncios do Edificio de Servizos Administrativos e no Servizo de Educación, situado no Centro Social Uxío Novoneyra.
Ademais, os interesados poderán poñerse en contacto co teléfono de información municipal 010 (297 350 se chaman dende fóra do territorio municipal).
Para formalizar a matrícula é necesario presentar no ce
O Alcalde de Lugo e os voceiros dos grupos políticos municipais recibiron de mans de Delia Lorenzo, Presidenta de ALCER Lugo, un carné simbólico de doante para conmemorar a celebración do Día Internacional do Doante que se está a celebrar hoxe. Este acto foi froito da petición de ALCER Lugo e en representación de FATEGA (Federación de Asociaciones de Enfermos y Trasplantados de Galicia), da que son membros fundadores.
O Alcalde e a Presidenta de ALCER fixeron fincapé na concienciación das familias para salvar outras vidas.
La revista virtual de género Foeminas acaba de publicar su número 17.
O Concello de Lugo, en concreto a Área de Muller e Benestar Social, organiza unha exposición colectiva de Cestería e Arte Floral dos traballos realizados nos diferentes obradoiros de Animación Sociocultural dos Centros Sociais Municipais. Inaugurarase o día 18, luns, ás 18:00 horas e o horario de visita será ata o día 22 de xuño de 16:00 a 21:00 horas na sala de exposicións do Centro Social Uxío Novoneyra, na rúa Quiroga Ballesteros, 1- 1º andar.
Os de Cestería estiveron dirixidos por Idoia Cuesta Alonso e os de Arte Floral por Lucía González Gómez.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais en funcións, Carmen Basadre, inaugurou esta mañá a Casa Clara Campoamor nun acto que tivo lugar ás 12:15 horas e no que tamén participaron a Concelleira de Servizos Xerais en funcións, Luisa Zarzuela, unha representante do grupo municipal do PP e preto de trinta representantes de asociacións de carácter social da cidade.
O Concello concede as axudas ao aluguer correspodentes a 2007, para as que destina un orzamento de 66.500 euros, a un total de 55 persoas. Estas subvencións de carácter anual están a cargo da Concellería de Muller e Benestar Social e son xestionadas pola Empresa Municipal do Solo, Evislusa.
A Comision de Valoración reuniuse o pasado venres para analizar as 97 solicitudes que se recibiron, das que se valoraron positivamente 55. Os principais motivos de rexeitamento foron a falta de documentación, a presentación fora de prazo e non adaptarse aos requisitos establecidos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1822
- 1823
- 1824
- 1825
- 1826
- 1827
- 1828
- 1829
- 1830
- …
- seguinte ›
- última »