A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou a nova programación cultural deseñada polo Concello de Lugo para os meses de agosto e setembro. Ao longo destes dous meses, a cidade acollerá unha trintena de actividades culturais gratuítas que abarcan concertos, espectáculos de maxia, proxeccións de curtametraxes ou mostras de oficios tradicionais, entre outros temas.
As noites dos sábados estivais, a partir das 22:30 horas, a Praza de Anxo Fernández Gómez convertirase no escenario de concertos de música de xéneros variados.
O Concello de Lugo convertiuse xa nun exemplo de accesibilidade aos centros históricos en localidades do sur de Europa.
O Festival Cameralia remata a súa programación en Lugo cun concerto do Quartet Qvixote que terá lugar, este sábado día 28 a partir das 21:30 horas na Igrexa de San Pedro. Este proxecto está financiado polo Concello de Lugo e a Consellería de Cultura e tamén conta coa colaboración do IGAEM na súa organización.
O grupo Qvixote Quartet ofrecerá un repertorio de Haydn, Mozart e Toldrá. Este conxunto está composto polos violinistas Daniel Cubero e María Sanz, que están acompañados á viola por Anna Aldomà e ao violoncelo por Amat Santacana.
Por cuarto ano consecutivo a Biblioteca Municipal aumentou o número de usuarios, tanto nas súas instalacións como dos servizos de préstamo a domicilio. No primeiro semeste do 2007 pasaron polas salas 22.236 lucenses, 6.980 persoas máis que no 2004, cando se contabilizaron 15.256 usuarios.
En relación ao servizo de préstamo a domicilio, nestes primeiros meses do ano realizáronse un total de 25.358 préstamos, superando en máis de 18.000 aos 7.226 efectuados no 2004.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou hoxe as bases do 3º Concurso de Tapas de Lugo tras a xuntanza mantida cos hosteleiros da cidade. Nesta nova edición a organización quere chegar aos 60 establecimientos participantes, 20 máis que na convocatoria do 2006.
Cada establecemento só pode participar nunha das modalidades (que terá un máximo de 30 participantes cada unha) e deberá elaborar unha tapa podendo ser tradicional ou creativa. O prazo de inscripción será do 21 ao 31 de agosto ás 13:00 horas.
A Concelleira de Cultura e Turismo d
O programa de visitas teatralizadas O encanto de Lugo, a cidade transparente, incluídas no programa Verán en Lugo que a Concellería de Cultura e Turismo está a ofrecer as fins de semana, terá tres pases extraordinarios o próximo mércores por mor da festividade de agosto.
O número de visitas teatralizadas á Muralla e ao centro histórico da cidade, que se realizarán ao longo desta fin de semana e o mércores que ven, ascende a un total de 11.
A terceira edición de Teateatre arrinca o vindeiro xoves, día 16 de agosto, co curso titulado “O corpo da Voz”, que se desenvolverá ata o 19 de agosto na Aula de Teatro e Danza da USC.
Nesta ocasión, Teateatre oferta tres cursos de formación actoral para profesionais e afeccionados.
A Casa da Música acollerá este ano os obradoiros do Arde Lucus, organizados pola Concellería de Xuventude para a confección do vestiario para a festa do Arde Lucus, que este ano chega á súa sexta edición, e que se celebrará a fin de semana do 8 ao 10 de xuño.
Os obradoiros desenvolveranse os sábados entre as once e media e a unha e media da mañá e os martes e xoves pola tarde (entre as sete e as nove). A partir do 14 de maio o obradoiro intensificarase engadindo ao programa os luns, mércores e venres, co mesmo horario.
O Alcalde en funcións, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura en funcións, Concepción Burgo, presentaron o libro que recolle os relatos premiados no IX Certame de Narración Curta Ánxel Fole. O acto de presentación tivo lugar ás oito desta tarde no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
Baixo o subtítulo de Contos do 2006, a publicación recolle os catro relatos gañadores, dous na categoría de galego e dous na de castelán.
O Concello acaba de editar un libro que recolle a edición facsímil da Real Cédula de Fernando VI do 17 de decembro de 1754. Este documento fixo efectiva a gracia real de 400 pesos anuais concedida por Felipe V ao pobo de Lugo para celebrar o acto da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento.
O documento orixinal, propiedade do Concello de Lugo, está custodiado no arquivo do Museo Provincial e destaca tanto polo seu valor histórico, como pola calidade estética.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1804
- 1805
- 1806
- 1807
- 1808
- 1809
- 1810
- 1811
- 1812
- …
- seguinte ›
- última »