O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira, presentou hoxe publicamente catro novos vehículos que se incorporan ao parque móbil da Policía Local.
O Concelleiro supervisou os novos vehículos na compaña do Director do Parque Móbil do Concello de Lugo, José Reigosa.
Deste xeito, incorpórase un novo vehículo para o Servizo de Atestados, un vehículo mixto e dúas motocicletas.
Estes vehículos supoñen un investimento de 65.000 euros.
Un home de 82 anos foi atropelado hoxe, ás 12,45 horas na avda de Garabolos fronte da rúa Caravel.
O equipo de atestados da Policía Local trasladouse o lugar para levantar o correspondente atestado.
Segundo as primeiras investigacións, E.N.C. de 82 anos e veciño desta cidade cruzaba a avda. de Garabolos dende a rúa Caravel para coller o autobús por un lugar non habilitado cando foi atropelado polo turismo B6014HL, conducido por M.P.F.D. de 54 anos veciña de Lugo.
A Policía Local denunciou a dous mozos de Lugo por infraccións a normativa de Seguridade Vial na madrugada do día 18, que conlevan a perda da totalidade dos puntos.
O primeiro viuse implicado nun accidente de circulación na ronda da Muralla fronte ao nº 60, ás 3.00 horas. O turismo que conducía saíuse da calzada pola marxe esquerda e colisionou contra un cubo da Muralla. O condutor, J.C.F.A., de 19 anos e veciño de Lugo, arroxou un resultado positivo nas probas de alcoholemia de 0,45mg/l (condutor novel).
A Policía Local detivo un individuo que presuntamente causou varios danos nun bar sito na rúa Fermín Rivera, agrediu ós clientes e saíu á rúa dando golpes coa man aos vehículos estacionados.
Os axentes foron alertados destes feitos a través dunha chamada ao 092 e de inmediato unha patrulla que estaba nas proximidades procedeu á detención de J.M.F.F., de 26 anos, veciño de Lugo. O mozo foi localizado nas inmediacións e informou á Policía que fora agredido e que necesitaba que o trasladaran a un centro hospitalario.
O proceso de modernización da Policía Local nestes catro anos supuxo un investimento total de 1.687.845 euros, tal e como indicou o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira no transcurso dunha sesión informativa durante a celebración da festa patronal deste corpo.
A Policía Local festexou hoxe o 145 aniversario da súa creación, coa que xa é a edición número 16 desta celebración. Nesta ocasión o Voceiro do equipo de goberno, José Ramón Gómez Besteiro, foi o encargado de substutuír ao Alcalde na revista das tropas que se realizou fronte á Casa Consistorial.
Axentes da Policía Local recuperaron o domingo, día 15, o vehículo matrícula 1991CMP que fora sustraído nas instalacións dunha nave da Campiña.
Axentes da Policía Local detiveron hoxe, día 2 de maio, ás 5.30 horas a dous individuos de orixe rumana como presuntos autores dun delito de roubo no establecemento comercial dedicado a droguería e perfumería sito na rúa Bispo Aguirre cruzamento coa rúa cregos.
Os axentes que prestaban servizo pola zona viron que o enreixado do local estaba parcialmente levantado e a porta do interior forzada, polo que accederon ó interior.
Axentes da Policía Local detiveron onte, día 14 de maio, ás 20.27 horas, na rúa Lamas de Prado, un individuo como presunto autor dun intento de agresión con arma blanca. Segundo denunciou a vítima ós axentes, cando ésta se encontraba nun bar sito na rúa Lamas de prado o home, que posteriormente identificou, intentou clavarlle unha navalla.
O detido, J.C.B., de 61 anos e veciño de A Coruña foi trasladado a Comisaría de Policía á espera de pasar a disposición xudicial.
Axentes da Policía Local do Servizo de Patrulla Verde están a investigar un posible vertido dun líquido tóxico na rúa López Guntin.
Os feitos tiveron lugar o día 29 de maio ás 20,05 horas.
Axentes do equipo de atestados da Policía Local detiveron un individuo como presunto autor dun delito contra a seguridade do tráfico por conducir baixo os efectos do alcohol.
Os feitos ocorreron ás 20,35 horas de onte, día 3 de xuño, na rúa Reiseñor. O turismo LU1675V, conducido por A.M.P., de 54 anos veciño desta cidade, colisionou contra o turismo estacionado 0974 DBD.
Unha persoa que se atopaba dentro do vehículo estacionado foi trasladada ó Hospital Xeral para ser atendida por feridas leves.
Os gardas comprobaron que A.M.P.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1795
- 1796
- 1797
- 1798
- 1799
- 1800
- 1801
- 1802
- 1803
- …
- seguinte ›
- última »