A quinta edición da Semana Internacional da Maxia. Lugo Máxico 2007, inundará de trucos e misterios a cidade dende o luns ata o sábado día 10.
A Policía local identificou a dous mozos como presuntos autores de pintadas en varias fachadas do barrio da Milagrosa, as 1.00 horas do día 2 de febreiro.
Os axentes foron alertados por un veciño de que dous mozos estaban a facer pintadas en varias fachadas de edificios das rúas Río Navia e Valle Inclán. Os axentes localizaron de inmediato aos dous mozos que respondían ás características que o denunciante describira.
Os presuntos autores foron identificados como D.L.V. de 22 anos e A.R.P.
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo presentou o IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX . Nesta edición a cita teatral estará adicada o gran dramaturgo Valle-Inclán, “o mellor autor de teatro español do século XX”. Neste festival representaranse tres obras de gran calidade a prezos populares entre os días 22 e 27 de novembro no Auditorio Municipal.
O festival arrincará coa conferencia El Teatro de Valle-Inclán da man de Dru Dougherty, Catedrático de Literatura Españona da Universidade de Berkeley, California, o xoves 22 de novembro na Sala Sargadelos.
Axentes da Policía Local detiveron dous individuos como presuntos autores dun delito de roubo. Os feitos tiveron lugar, hoxe día 15 ás 01.10 na rúa Yañez Rebolo cruce coa rúa Pintor villamil.
A Patrulla da Policía Local que prestaba servizo nesa zona viu ós dous individuos intentando abrir a porta dun establecemento de hostelería sito no enderezo anterior. Cando os individuos viron á Policía entran noutro establecemento sito nas inmediacións.
A quinta edición da Semana Internacional da Maxia. Lugo Máxico bateu records de asistencia. Máis de 10.000 persoas asisteron á vintena de actos organizados nestes seis días de maxia na cidade.
As tres grandes galas celebradas no auditorio o luns, venres e sábado conseguiron xuntar a máis de 2.500 persoas, e no caso da derradeira chegouse a colgar o cartel de non hai entradas.
A maxia estivo presente en toda a cidade.
A Policía Local detivo un individuo como presunto autor de varios roubos polo procedemento do tirón. Os axentes foron alertados por unha chamada ao 092 de que se acababa de producir un roubo dun bolso a unha muller que paseaba acompañada doutra pola rúa San Pedro. Os feitos ocorreron ás 18,15 horas do día 25, na rúa San Pedro. A vítima denunciou aos axentes que un mozo lle acababa de arrebatar de forma violenta o bolso que levaba na man e que contiña diñeiro e varios obxectos personais, facendo unha descripción das carasterísticas físicas e de vestimenta do autor do roubo.
Axentes da Policía Local estiveron varios días intentando localizar ao condutor dun camión con matrícula estranxeira estacionado na ronda do Carme.
Segundo denunciaron veciños da zona á Policía, o vehículo levaba estacionado varios días e desprendía mal olor.
Os axentes averiguaron que o condutor sufrira unha indisposición da que tivo que ser intervido cirurxicamente no Hospital Xeral.
O sábado día 4, foi dado de alta e coa colaboración da Policía Local e do Servizo de Protección Civil puido poñer en marcha o seu camión e continuar a viaxe para o seu país, Polonia.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira, presentou hoxe publicamente catro novos vehículos que se incorporan ao parque móbil da Policía Local.
O Concelleiro supervisou os novos vehículos na compaña do Director do Parque Móbil do Concello de Lugo, José Reigosa.
Deste xeito, incorpórase un novo vehículo para o Servizo de Atestados, un vehículo mixto e dúas motocicletas.
Estes vehículos supoñen un investimento de 65.000 euros.
Un home de 82 anos foi atropelado hoxe, ás 12,45 horas na avda de Garabolos fronte da rúa Caravel.
O equipo de atestados da Policía Local trasladouse o lugar para levantar o correspondente atestado.
Segundo as primeiras investigacións, E.N.C. de 82 anos e veciño desta cidade cruzaba a avda. de Garabolos dende a rúa Caravel para coller o autobús por un lugar non habilitado cando foi atropelado polo turismo B6014HL, conducido por M.P.F.D. de 54 anos veciña de Lugo.
A Policía Local denunciou a dous mozos de Lugo por infraccións a normativa de Seguridade Vial na madrugada do día 18, que conlevan a perda da totalidade dos puntos.
O primeiro viuse implicado nun accidente de circulación na ronda da Muralla fronte ao nº 60, ás 3.00 horas. O turismo que conducía saíuse da calzada pola marxe esquerda e colisionou contra un cubo da Muralla. O condutor, J.C.F.A., de 19 anos e veciño de Lugo, arroxou un resultado positivo nas probas de alcoholemia de 0,45mg/l (condutor novel).
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1794
- 1795
- 1796
- 1797
- 1798
- 1799
- 1800
- 1801
- 1802
- …
- seguinte ›
- última »