O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolleu un ano máis a presentación da XXIX edición da Semana Internacional de Cine de Autor, organizada pola agrupación fotocinematográfica Fonmiñá.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco quixo destacar a importancia deste certame no que se unen claramente esforzos para traballar conxuntamente. "A unión fai a forza e neste caso a unión das distintas institucións e entidades fará posible que un ano máis teñamos Semana de Cine".
Lugo acollerá a presentación en Galicia do estudio antropométrico que realiza o Ministerio de Sanidad para unificar as tallas das prendas de vestir.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Directora Xeral de Consumo e Atención ao Ciudadano, Ángeles Heras, asistirán ao acto que terá lugar este luns, 5 de novembro, ás 11:30 horas no Palacio de Feiras e Congresos.
O ministerio instalará no Palacio de Feiras e Congresos unha cabina provista dun escáner de raio láser para realizar ata o 11 de novembro as medicións corporais de 128 mulleres de entre 12 e 70 anos de idade.
A Sociedade Internacional de Lingüística Funcional celebra, desde este martes 11 ata o vindeiro sábado 15, o seu XXXI Coloquio anual na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, onde expertos de todo o mundo debaterán sobre o dominio científico da Lingüística Funcional e a súa aplicación ao estudo das diferentes linguas.
Ó acto inaugural deste congreso, que tivo lugar no centro lucense, asistiron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; a vicerreitora de Oferta e Xestión Académica do Campus de Lugo, Begoña Barreiro; a directo
Este xoves, día 15 de novembro, o Centro Social Uxío Novoneyra acollerá a partir das 20:00 horas a conferencia titulada “Comprar por comprar no Nadal”.
O Concurso de Tapas, organizado pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo, continúa celebrándose nos establecementos hostaleiros da cidade.
A cuarta edición dos Almorzos Saudables remata este venres coa visita ao último colexio inscrito neste programa organizado pola Concellería de Servizos Xerais.
Este programa foi elaborado para concienciar a pequenos e pais da importancia de almorzar correctamente para render no colexio.
O colexio de As Josefinas acolle este venres a derradeira sesión desta edición cun almorzo saudable a 105 alumnos.
A Ministra de Sanidade, Elena Salgado, almorzou hoxe co Alcalde de Lugo, as Conselleiras de Educación e Sanidade da Xunta de Galicia e con 100 escolares de entre 6 e 8 anos no colexio Rosalía de Castro de Lugo. O seu obxectivo era coñecer personalmente o programa de Almorzos Saudables que puxo en marcha o Concello de Lugo hai xa catro anos coa fin de acadar unha maior concienciación sobre a correcta alimentación.
Salgado, o Alcalde e as Conselleiras compartiron a xornada cos pequenos sentados ó seu carón. Almorzaron, escoitáronos, preguntáronlles os seus costumes de alimentación...
A XXIX Semana Internacional de Cine de Autor abre esta nova edición coa presentación da película "Las alas de la vida". Esta sábado, día 15, arrinca este festival cinematográfico coa roda de prensa que ofrecerá o director do filme, Antoni P. Canet ás 18:00 horas no Gran Hotel de Lugo.
O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá a gala de inauguración coa proxección desta película a partir das 20:00 horas.
O Grupo de Teatro Gamusinos representará no Centro Social de Fingoi a obra de teatro Viaxe á peor fin do mundo.
O martes 21 de agosto ábrese o prazo para inscribirse no III Concurso de Tapas de Lugo no que poderán participar todos os establecementos de hostalería do ámbito municipal. A edición deste ano, organizada pola Concellería de Cultura e Turismo, terá lugar do 8 ó 23 de setembro.
Cada establecemento participante deberá elaborar unha tapa, podendo ser tradicional ou creativa (haberá un máximo de 30 participantes para cada unha destas categorías).
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1790
- 1791
- 1792
- 1793
- 1794
- 1795
- 1796
- 1797
- 1798
- …
- seguinte ›
- última »