O Concello de Lugo, a través da Policía Local, custodia un número variable de obxectos perdidos na oficina que ten este organismo destinada ao efecto.
A maioría dos obxectos perdidos son DNIs e documentación, así como carteiras e moedeiros. Tarxetas, permisos de circulación e xoias conforman este grupo de obxectos que poden ser recollidos polos seus propietarios nas oficinas da Policía Local situadas na praza da Constitución.
O listado dos obxectos pode ser consultado na web municipal, www.lugo.es, dentro da Consellería de Protección da Comunidade.
A cidade de Lugo continúa a ser un tema de interese nas publicacións alemanas especializadas en turismo. Nesta ocasión son as festas de San Froilán as que a revista Das Aktuelle Spanien Magazin reseña no seu interior. O espazo adicado ás festas patronais de Lugo forman parte dunha extensa reportaxe sobre as festas nacionais máis características.
17.000 persoas pasaron polas Oficinas de Atención turística do Concello
O San Froilanciño recibiu nas festas a máis de 15.000 cativos
A páxina web específica de San Froilán, recibiu 56.346 visitas en só 18 días
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, fixeron balance das Festas de San Froilán 2007. Cualificáronas de “extraordinarias” pola gran afluencia de xente á cidade.
O comezo do mes de novembro pon fin a máis dun mes de traballo das tradicionais casetas do polbo, que se atopan situadas no primeiro bancal do parque Rosalía de Castro.
As cinco casetas deste ano, rexentadas polas empresas Aurora do Carballiño, La Palloza, Manolo de Marce, Restaurante Parrillada Antonio e Torre de Núñez comezaron a funcionar, por acordo de todos eles, o 28 de setembro, coincidindo coa apertura do feiral de San Froilán.
Como todos os anos, as casetas foron un dos atractivos das festas e convertéronse nun reclamo para todos os visitantes, turistas e veciños que pas
O Concello de Lugo, a través da Policía Local, custodia un número variable de obxectos perdidos na oficina que ten este organismo destinada ao efecto.
A maioría dos obxectos perdidos son DNIs e documentación, así como carteiras e moedeiros. Tarxetas, permisos de circulación e xoias conforman este grupo de obxectos que poden ser recollidos polos seus propietarios nas oficinas da Policía Local situadas na praza da Constitución.
O listado dos obxectos pode ser consultado na web municipal, www.lugo.es, dentro da Consellería de Protección da Comunidade.
Continúan á venda as entradas para os concertos de David Bisbal e Mägo de Oz
O programa de man do San Froilán 2007 xa está a disposición dos lucenses e de todos os visitantes desde a maña deste venres, 28 de setembro. O Concello de Lugo o distribúe gratuítamente nas distintas oficinas municipais.
O xurado da VI edición do Concurso de Debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo reuníuse ás 11:00 horas desta mañá para seleccionar os debuxos gañadores deste certame destinado a todos os escolares e estudantes de Secundaria e Bacharelato de toda Galicia.
A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro Núñez, presidiu o xurado, que estivo integrado polo Xefe Provincial de Tráfico -Julio González Díez-, o Director do Parque Infantil de Tráfico -José Reigosa García-, o Director da Escuela de Artes Ramón Falcón de Lugo -Manuel Lamas Castro-, unha representante da Fundación Mapfre de Segu
O número de turistas que visitan a cidade de Lugo continúa a medrar segundo amosan as cifras de visitantes que se achegaron á Oficina Municipal de Turismo para solicitar información entre o 11 e o 19 deste mes. Durante a semana da ponte de agosto, o servizo de información turística municipal atendeu a un total de 3.513 persoas, cifra moi positiva tendo en conta que na primeira quincena de agosto de 2006 foron atendidos 3.649 turistas.
O Parque Infantil de Tráfico, dependente da Concellería de Educación, rematou o pasado venres os cursos de ciclomotor que organiza dentro do seu programa de Educación Viaria.
Esta formación desenvólvese ao longo do curso escolar e ofrécese a todos os centros educativos da cidade. Neles participaron un total de 63 alumnos de distintos IES da cidade e 48 superaron con éxito as probas. Estes aprobados supoñen o 77% dos participantes.
O Parque Infantil de Tráfico continúa nos meses de verán cun programa especial de cursos estivais.
A cita de Rede Curtas 2007 cambia o seu horario para o sábado 25 e estrea un novidoso sistema de proxección
O programa de actividades culturais de Verán en Lugo elaborado pola Concellería de Cultura introduce dous cambios para esta fin de semana:
- Dunha banda, o concerto do Cuarteto Camerata, programado para o sábado 25 ás 21:00 horas, adiántase á noite deste venres, día 24, a mesma hora, debido a motivos de axenda do grupo. A actuación terá lugar na Praza de Anxo Fernández Gómez.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1787
- 1788
- 1789
- 1790
- 1791
- 1792
- 1793
- 1794
- 1795
- …
- seguinte ›
- última »