A web municipal realizou unha enquisa sobre o problema do cambio climático co fin de coñecer a opinión dos lucenses neste tema.
Segundo os resultados obtidos neste sondeo, que propuxo tres opcións de resposta, o 81,52 % (con 481 votos) dos lucenses considera que é un asunto prioritario e hai que adoptar medidas drásticas canto antes para palialo.
Para 12,71 % dos participantes (con 75 votos) opina que é un problema real pero non é urxente adoptar medidas.
Mentres, o 5,762 % (con 34 votos) dos internautas pensan que é un asunto que non ten importancia.
Madrid, 8 de noviembre de 2007.- Cerca de 3.000 Alcaldes, Presidentes de Diputaciones Cabildos y Consejos Insulares y Concejales de toda España acudirán a partir de mañana y hasta el próximo domingo día 11, al Palacio Municipal de Congresos de Madrid para la celebración de la 9ª Asamblea General de la Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), un evento que, cada cuatro años, viene a fijar las pautas de actuación de los Gobiernos Locales españoles.
En el acto de inauguración, que dará comienzo a las 12 horas, intervendrán el Tercer Teniente de Alcalde del Ayuntamiento de Mad
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres día 23 de novembro o servizo de desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Rúa Dr. Gasalla
Rúa Poeta Ramón Cabanillas
Rúa Centola
Rúa Dr. Xerman Alonso
Praza Fonte dos Ranchos
Rúa Chantada
Rúa da Baixa
Rúa Monte Picato
Rúa Deputación
Rúa Vedoiro
Rúa Baluro
Rúa Estaca de Bares
Rúa Poeta Noriega Varela
Ronda do Carme
Tramo Ronda Muralla desde Praza Bispo Odoario a Porta Santiago
Tramo Ronda do Carme a Porta Santiago.
O obxectivo é lograr que o paro rexistrado na capital lucense fique en 4.100 desempregados, 834 persoas menos
Lugo, 21 de outubro de 2007.- O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, anunciou hoxe un investimento de 21,35 millóns de euros na cidade de Lugo antes de que remate a lexislatura.
O IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX arrinca este xoves, 22 de novembro, coa conferencia que ofrecerá o catedrático norteamericano Dru Dougherty sobre o teatro de Valle-Inclán ás 20:30 horas na Sala Sargadelos.
Nesta edición, a cita teatral está dedicada ao gran dramaturgo do teatro español do século XX e unha das figuras máis recoñecidas da literatura universal, como é Valle-Inclán.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou a X Edición do Certame de narración curta Ánxel Fole que, como en anos anteriores, ten dúas modalidades: en galego e en castelán.
Burgo anunciou que nesta edición o certame conta con varias novidades. Increméntase os premios en 100 euros cada un, pasando o primeiro premio a ser de 1.000 euros e o segundo de 500.
O certame “vaise consolidando como un premio suficientemente importante a xulgar polo número de participantes, que está a incrementarse todos os anos”.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Delegado Provincial da Consellería de Cultura e Deporte, Xoán Xosé Molina, o Director de Zona de Caixanova, Jesús Vidal, e o Secretario Provincial de Deportes, Eduardo Fernández Abel, a carpa Ruando.
O edil explicou que esta actividade ofrecerá aos lucenses a posibilidade de gozar dun espazo de multilecer de 600 metros cadrados que albergan actividades gratuítas para todos os públicos.
O Concelleiro de Protección á Comunidade, José Rábade, presidiu o acto de presentación do libro “Los colores de la memoria” do escritor Luis Rodríguez Cao. A violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia, Luccica Trita, acompañounos co seu violín e tocou varias pezas musicais de carácter melancólico dacordo coa temática da obra.
O edil destacou a extraordinaria calidade literaria desta obra “pola emoción que é capaz de desencadear, levando ao lector polos máis fondos sentimentos da tristura, a soidade, a melancolía e o desexo que desata o desamor”.
A Concellería de Servizos Xerais organiza dúas charlas sobre a relación do ser humano coa morte
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou as novas iniciativas que está a desenvolver o Concello de Lugo no cemiterio municipal.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou que con motivo do VII Aniversario da declaración da Muralla de Lugo pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade actuará na cidade a cantante María Dolores Pradera. O concerto terá lugar no Auditorio Gustavo Freire o venres 30 de novembro ás 21:00 horas.
A Concelleira expresou a súa ledicia por “contar nesta data tan especial para a cidade cunha estrela deste calibre”. Esta gran dama da música e do teatro español conta con máis de 40 discos e aproximadamente 500 cancións.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1774
- 1775
- 1776
- 1777
- 1778
- 1779
- 1780
- 1781
- 1782
- …
- seguinte ›
- última »