Sábado, día 24
O carril da rúa Ramiro Rueda que vai desde a rúa Otero Pedrayo cara a avda. da Coruña estará cortado ó tráfico debido a instalación dunha guindastre móbil para o arranxo dunha chimenea.
O corte farase efectivo desde as 8, 00 ata as 14.00 horas.
-------------------------------------------
Domingo, día 25
A rúa Lamas de Prado estará cortada ó tráfico no tramo comprendido entre as rúas Dona Urraca e Serra de Outes debido a montaxe dun guindastre de obra no nº 131 desta rúa.
O Consello Económico e Social do Concello de Lugo aprobou a proposta do Goberno Local da entrada dos representantes veciñais no mesmo, tal e como o contempla a Ley das grandes Cidades. A representación das entidades veciñais no Consello será elexida polas asociacións e aprobada polo Pleno do Concello.
Deste xeito dáselle a posibilidade ós veciños e participar nun foro tan importante, nos que están representadas todas as forzas vivas da cidade.
O Alcalde, José López Orozco, presidiu esta mañá o acto de inauguración da nova clínica de tratamento de diálese que a multinacional B.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, continuará o xoves co seu encontro dixital de todos os meses cos internautas.
O Alcalde, José López Orozco, recibiu esta mañá a un numeroso grupo de xubilados de Telefónica que visitan á cidade por motivo dunha xuntanza. López Orozco comentou con eles a importancia da nova Lei de Dependencia, que beneficia, entre outros, ás persoas de maior idade.
Preto de sesenta antiguos traballadores da multinacional chegaron de toda Galicia e de Asturias para coñecer os encantos turísticos de Lugo.
En Lugo aumentaron máis dun 50% os turistas alemáns e italianos tamén grazas ós voos de baixo custe implantados en Santiago.
Os Alcaldes de Lugo e Santiago, José López Orozco e Xosé Sánchez Bugallo, anunciaron hoxe que farán promocións conxuntas para incrementar o número de turistas nos seus respectivos municipios. Os edís mantiveron hoxe unha reunión de traballo para facer un seguimento do convenio de colaboración que tiñan asinado desde hai 4 anos.
O Alcalde, José López Orozco, recibiu un grupo de estudantes de Navia de Suarna ás 11:30 horas desta mañá no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Os rapaces cursan Bacharelato pola rama de letras e acudiron acompañados polos seus profesores de Grego, Cultura Clásica e de Latín.
O Alcalde animou aos rapaces a gozar desta visita a Lugo e descubrir as súas orixes romanas. López Orozco salientou a importancia destes 25 estudantes de Grego e Latín “unha especie en perigo de extinción”, dixo, como herdeiros das culturas matrices do mundo occidental.
O Alcalde demostra con obras que “Lugo vive un momento doce”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, amosou hoxe a súa satisfacción despois de que a Xunta de Galicia aprobase a súa incorporación ó CETAL. Era o último dos socios fundadores que quedaba por formalizar a súa inclusión. Polo tanto a Ministra de Agricultura estará en Lugo a finais deste mes para asinar a posta en marcha do centro. Tamén o Consello da Xunta aprobou hoxe o inicio de varias obras de saneamento no rural lucense.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1766
- 1767
- 1768
- 1769
- 1770
- 1771
- 1772
- 1773
- 1774
- …
- seguinte ›
- última »