O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolle mañá, mércores, unha nova reunión dos membros do Plan Estratéxico da cidade con responsables do equipo de goberno.
O día 1 deron comezo o ciclo de reunións con cada un dos catro grupos de traballo coa intención de debater sobre os proxectos non iniciados que non poden comezarse, son inviables, ou non poderán culminarse no prazo de actuación do plan, previsto para catro anos.
A reunión de mañá será cos membros da liña 1, que agrupa as aportacións en materia de infraestruturas e que está presidida por Benxamín Casal.
Comezou esta mañá a presentación dos catro anteproxectos que optan á construción do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) no Parque da Milagrosa. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, amosou a súa satisfacción "polos pasos firmes e sólidos" que está a dar o Museo, unha infraestrutura pioneira en Europa que contará coas últimas tecnoloxías museísticas.
O blog do Alcalde de Lugo, www.joselopezorozco.com, vén de cumplir un ano de existencia pechando o balance con 47.700 visitas nestos primeiros doce meses.
Estas visitas representaron un total de 195.929 páxinas vistas o que indica que se trata dunha web que fai que a xente se quede e participe.
Neste ano o Alcalde publicou un total de 57 artigos, que supón un por semana de media, e recibiu un total de 4.610 comentarios.
O número de visitas rexistradas está considerada superior á media, xa que unha páxina cun resultado óptimo ten unha media de 2.000 visitas ao mes.
En próximas semanas comienzan las obras de la pasarela de San Lázaro y acondicionamiento del margen derecho del Miño.
El Alcalde de Lugo -José López Orozco-, el Presidente de la Confederación Hidrográfica del Norte -Jorge Marquínez- y el Subdelegado del Gobierno en Lugo -Jesús Otero- visitaron esta mañana las obras de abastecimiento a Lugo, que está ejecutando el Ministerio de Medio Ambiente a través de la Sociedad Estatal Aguas de la Cuenca del Norte (Acuanorte). La inversión asciende a 34.296.038, incluyendo ejecución de obras y los pagos de los terrenos necesarios.
Poderán presencialos os veciños que o desexen
O luns comezará a presentación dos catro anteproxectos que optan á construción do Museo Interactivo da Historia de Lugo. A Mesa de Contratación escolleu na fase anterior 4 equipos de arquitectura de Madrid e 1 de Vigo para realizar o anteproxecto neste concurso no que se presentaron 20 empresas e profesionais.
Nesta segunda fase, os seleccionados teñen que presentar o seu anteproxecto nunha exposición pública, que se celebrará no Salón de Plenos.
O Alcalde, José López Orozco, recolleu esta mañá o premio Reina Sofía 2006 de accesibilidade universal de municipios no salón Magnolias do Pazo da Zarzuela. Estivo acompañado da Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e de Aquilino González Álvarez, representante de Auxilia en Lugo e membro do Gabinete de Accesibilidade do Concello.
A cidade de Lugo recibe este galardón dentro da categoría de municipios entre 10.0001 e 100.000 habitantes.
O Alcalde, José López Orozco, recibirá mañá, mércores, no nome do Concello de Lugo o premio Reina Sofía 2006 de accesibilidade universal de municipios. A entrega oficial do galardón terá lugar á unha da tarde no salón Magnolias do Pazo da Zarzuela.
A comitiva lucense estará formada tamén pola Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e Aquilino González Álvarez, representante de Auxilia en Lugo e membro do Gabinete de Accesibilidade do Concello.
A cidade de Lugo recibe este galardón dentro da categoría de municipios entre 10.0001 e 100.000 habitantes.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, explicaron o proxecto da nova ponte ós veciños do barrio de San Lázaro. Trescentas persoas, procedentes maioritariamente deste barrio da cidade máis das zonas rurais próximas, acudiron ó Colexio da Ponte para coñecer de primeira man o proxecto do Ministerio de Fomento.
O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, manterán esta tarde unha reunión cos veciños do barrio da Ponte para informar sobre a nova ponte do río Miño, tal e como fixeron a pasada semana cos de Acea de Olga.
Durante esta xuntanza se dará conta de todos os puntos de interese para os veciños e se presentarán os planos e deseños das alternativas propostas, así como da elexida polos técnicos.
A reunión terá lugar esta tarde, ás oito, no colexio da Ponte e a ela están invitados todos os veciños interesados, así como os residentes desta zona
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1760
- 1761
- 1762
- 1763
- 1764
- 1765
- 1766
- 1767
- 1768
- …
- seguinte ›
- última »