O pasado 18 de xaneiro o Concello de Lugo abriu o prazo de pago voluntario dos recibos de subministración de auga, recollida de lixo, sumidoiros, aluguer de contador e canon de saneamento correspondente ao último trimestre de 2007. O prazo estará aberto ata o 18 de marzo de 2008.
Para efectuar o pago, aos contribuíntes que teñan domiciliados, os recibos seranlles cargados nas respectivas contas bancarias; os demais contribuíntes recibirán, por correo ordinario no seu domicilio, os documentos de pago para que o poidan efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello, acopañado polo Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, a un grupo de dez directores de prisións que se reuniron na cidade para analizar e poñer en común sus experiencias coa normativa penitenciaria.
Trátase dunhas xornadas organizadas pola Subdelegación do Goberno en Lugo á que asisitiron directores de prisións de Galicia, Asturias, Santander e Extremadura.
O mandatario municipal deulles a benvida e aproveitou a ocasión para “agradecerlles o seu labor, sobreto ó tratar de devolver os presos á sociedade en mel
Este sábado 26 de enero se estrenará la obra teatral “Margarita la Tornera” a las 20:30 horas en el Auditorio Municipal Gustavo Freire. Esta obra, que recupera el espíritu original del Don Juan de Zorrilla, forma parte del programa de la VIII Muestra de Teatro Clásico organizada por la Concejalía de Cultura del Ayuntamiento de Lugo.
Margarita la Tornera es el antecedente más claro del “Tenorio” que Zorrilla desarrolló en su Don Juan tan solo cuatro años más tarde.
Ademais, transmitirá a súa experiencia na rede nun congreso sobre comunicación
A revista Foeminas, no seu segundo aniversario, estrea unha nova ferramenta de comunicación destinada a afianzar os vínculos coas súas lectoras e os seus lectores.
A Concelleira de Servizos Xerais , Luisa Zarzuela, presentou a Feira do Entroido de Nadela que organiza a Asociación Carballeira de Nadela en colaboración co Concello de Lugo.
Esta feira terá lugar o domingo dende ás 9 da mañá ata ás 23 horas. Unha carpa instalada na carballeira de Nadela albergará os oitenta postos de venta ao público. O obxetivo desta feira é promocionar os produtos de horta e cortello dos agricultores e os ganaderos da comarca.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, participou na inauguración oficial do Seminario (ni+ ni-) Igualdad de Xénero na Sociedade da Información que acolle este xoves, 24 de xaneiro, o Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia.
No acto tamén participaron o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, o Delegado Provincial de Traballo, Miguel Vázquez Calvo, e o Director de Agestic, José María López Bourio, asociación que organiza os catro seminarios sectoriales.
Este ciclo de xornadas divulgativas arrincou en Lugo cun seminario sobre a aplicación das TIC no sector prima
Cos bailes infantís de disfraces dos Centros Sociales Municipais, do día 31 de xaneiro, dará comezo ó programa do Entroido deseñado polas Concellerías de Cultura e Turismo, e de Muller e Benestar Social. Continuará coa comida do Entroido no Centro Social Municipal da Milagrosa o venres 1 de febreiro.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou xunto aos representantes da organización, Manuel González e Antonio “Nadela”, a Feira do Entroido de Nadela que organiza a Asociación Carballeira de Nadela en colaboración co Concello de Lugo.
Esta feira terá lugar o domingo 27 de xaneiro desde ás 9:00 horas. Unha carpa instalada na carballeira de Nadela albergará os postos de venta ao público, que son gratuítos para todos os comerciantes que queiran participar.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistirá xunto á Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, á apertura do ciclo de xornadas divulgativas organizado polo Cetal.

O Programa “Escola Solidaria” comenza o seu funcionamento o día 31 de decembro de 2007 cunha duración de ano e medio, promovida polo Excmo.Concello de Lugo a través dunha subvención da Consellería de Traballo o abeiro da Orde do 16 de febreiro de 2007, tendo como obxeto de actuación a rehabilitación da antiga escola rural de S. Pedro de Mera así como a construcción de determinado mobiliario urbano.
O programa consta de tres fases de duración semestral: a 1ª fase de formación no que os alumnos-traballadores reciben unha axuda de asistencia de 6.01€/día lectivo e asistido.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1740
- 1741
- 1742
- 1743
- 1744
- 1745
- 1746
- 1747
- 1748
- …
- seguinte ›
- última »