Esta noite de venres darán comezo os actos relixiosos de celebración da Semana Santa lucense coa celebración do Vía Crucis pola Muralla, a partir das 20:30 horas, que partirá dende a Praza de Santa María.
Como manda a tradición, os participantes levarán velas acesas e gardarán absoluto silencio durante todo o percorrido.
O Servizo de Prevención de Drogodependencias, que depende da Concellería de Muller e Benestar Social do Concello de Lugo, inicia unha actividade en pro do civismo.
Como cada ano o Parque Infantil de Tráfico, dependente da Concellería de Educación que Dirixe Dolores Vieiro, en colaboración cos centros de ensino secundario, a Xefatura Provincial de Tráfico e o Instituto Mapfre de Seguridade Vial, organiza os tradicionais cursos de ciclomotor para rapaces de entre 14 e 16 anos.
Os cursos se celebrarán a partir do 11 de abril todas as tardes, de seis a oito, agás os días de actividade escolar.
O Parque Infantil de Tráfico acolleu a selección de participantes no Concurso Nacional de Parque Infantís de Tráfico, que se celebrará en Lugo no mes de maio.
Un total de 20 rapaces e rapazas na categoría de car e bicicleta e 10 na de ciclomotor pasaron o examen no que se escolleron a dous en cada categoría.
Este venres, 14 de marzo, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias para ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Conselleiro de Industria, Fernando Blanco, inauguraron hoxe o hotel monumental construído no Pazo de Orbán e Sangro.
O espazo construído en pleno centro histórico da cidade completa a oferta hostelera lucense e forma parte da remodelación que os últimos anos se está levando a cabo no burgo vello de Lugo.
A Concelleira de Cultura indicou que “se trata dunha expléndida recuperación do edificio e que é unha mostra da importancia que ten
As ideas claras e os pasos a seguir fixados dende o principio. Esa é a clave do éxito da empresa ficticia Malo será que venceu na II edición do Maratón Empresarial Universitario que un ano máis organiza a Concellería de Emprego que dirixe Sonia Méndez.
O equipo, composto por catro mozos estudantes de Administración e Dirección de Empresas e de Empresariais, obtivo un beneficio que se aproxima ao millón e medio de euros.
O ciclo de conferencias do programa Arqueoloxía na Escola, que se celebra por terceiro ano organizado pola Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, comenzou o pasado 28 de febreiro e xa foron dous os centros lucenses nos que tiveron lugar estas charlas: o CEIP Manuel Mallo Mallo (Nadela) e o CEIP Virxe da Soidade.
Mañá xoves 13 de marzo, os escolares lucenses terán unha nova cita coa romanización no CEIP de Casás.
Neste programa participan preto de 270 rapaces do último ciclo de primaria de sete centros públicos de Lugo.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres día 14 de marzo o servizo de desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Tramo Ronda da Muralla dende a Porta da Rúa Nova á Porta Santiago.
Ronda do Carme e arredores
Tramo do Pazo Municipal dos Deportes á Porta Santiago.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Deputado Provincial da Área de Deportes, Antonio Veiga, ao Presidente da Federación Galega de Triatlón, Paco Villanueva e ao secretario da Asociación F.F.M., Miguel Fernández, o campionato de España de Pentlatón Moderno que acollerá Lugo o vindeiro sábado, 15 de marzo.
Díaz Grandio explicou que os participantes competirán en catro probas que consistirán en proba de tiro, de esgrima, de natación e de carreira de asfalto para o que se aproveitarán as instalacións do Pavillón Municipal de Frigsa.
A competición a
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1729
- 1730
- 1731
- 1732
- 1733
- 1734
- 1735
- 1736
- 1737
- …
- seguinte ›
- última »