O vindeiro sábado 19 de abril, celébrase unha andaina pola Vía Romana XIX para poñer punto e final aos tres anos de traballo realizados no marco do proxecto europeo Vías Atlánticas. Esta andaina, que comezará no Concello de Lugo e rematará no lugar de Tórdea, no Concello de Castroverde, servirá de inauguración do itinerario cultural, tralo seu acondicionamento e sinalización.
Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e Manuel Ignacio Piñeiro, presidente de Auxilia asistiron a presentación da nueva web www.lugoaccesible.net.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu hoxe na Casa do Concello a unha representación dos mestres que entre mañá venres 18 de abril e o domingo día 20 participarán en Vigo no XXII Encontro de Educadores pola Paz.
Segundo explicaron os participantes, a edición deste ano vai ser especial xa que no transcurso deste XXII Encontro celebrarán a existencia dos 25 anos de Educadores pola paz, o grupo de educación para a paz máis veterano en funcionamento da península Ibérica.
O Alcalde de Lugo recibiu aos responsables do Colexio de Aparelladores de Lugo co seu presidente, José María López Vega á fronte, que lle fixeron entrega da Memoria que recolle o traballo de restauración da Fonte dos Léons.
O mandatario lucense destacou que “non hai mellor exemplo de como se fai unha cidade que o traballo conxunto para conseguir un obxectivo común”.
O Colexio de aparelladores fixo entrega ao Concello dunha réplica exacta da Fonte dos Leóns e dunha Memoria completa que recolle cada un dos pasos que se deron para a recuperación deste símbolo que durante moito tempo
O Polideportivo Municipal da Piscina de Frigsa acollerá dende mañá venres 18 de abril ata o vindeiro domingo 20 de abril, a fase final do Campionato Autonómico Junior Masculino de Baloncesto.
Durante as tres xornadas os catro equipos participantes disputarán un total de 6 encontros dos que sairá o vencedor do campionato.
Os equipos participantes serán:
- CIDADE DE LUGO 90
- MARIN PEIXEGALEGO PIPPEN SPORT
- MARISTAS
- CAIXANOVA ROSALIA
O calendario dos encontros é o seguinte:
JORNADA 1 (18/04/08)
17:00.- MARISTAS – CAIXANOVA ROSALIA
19:00.- CID
A Comisión de Festas, presidida pola Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, mantivo unha nova xuntanza dos responsables que integran a Comisión de Festas e cos polbeiros e caseteiros de San Froilán, que solicitan que se cambie a fórmula de adxudicación do solo das casetas.
A Comisión de Festas decidira, nunha xuntanza celebrada a principios deste mes, reunirse cos participantes nas diferentes edicións das festas patronais, así como co presidente da Asociación de Hostaleiros, José Francisco Real, para escoitar as diferentes opinións.
Na xuntanza celebrada hoxe, os caseteiros e
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres día 18 de abril o servizo de desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Rúa Camiño Real
Rúa Poeta Curros Enriquez
Praza da Milagrosa
Rúa Mallorca
Rúa Menorca
Rúa Doutor Yañez Rebolo
Rúa Pintora Xulia Minguillon
Carril das Abrotigas
Rúa Pintor Villamil
Rúa Pintor Tino Grandio
Rúa Pintor Luis Seoane
Rúa Becerrea
Rúa Garcia Abad
Rúa do Olvido
Rúa Concepción Arenal
Rúa da Xesta
Repaso: - Rúa do Moucho
- Rúa Falcón
- Rúa Do Miño
- Rúa Catedral
Méndez agasallou aos rapaces cun cómic no que se explica o que é a democracia, o Concello como Casa de todos, que é o Pleno, etc. Ademais a Concelleira explicou aos rapaces os lugares onde se sentan o Alcalde, os tenentes de Alcalde, os Concelleiros e os membros da oposición.
Por outra banda, os rapaces leron un texto ecrito por eles no que dicían o moito que lles gusta a cidade, a Muralla Romana, os paseos á beira do Miño e as festas do San Froilán. Tamén resataron o que disfrutan co día da bicicleta, e que lles gustaría que se puidera facer máis veces ao ano.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou hoxe a Intranet do Concello de Lugo á que terán acceso os empregados municipais: POLEM, o Portal Lucense do Empregado ao que terán acceso máis de 800 usuarios en rede. A Concelleira explicou que “esta ferramenta está dentro do programa de desenvolvemento das Novas Tecnoloxías que se ven desenvolvendo dende op 2003 no Concello”.
Zarzuela explicou que “se trata dunha nova forma de autoxestión que permitirá realizar aproximadamente 39 xestións diferentes e que garantiza a comunicación entre departamentos”.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, o Xefe da Área de educación e divulgación da DXT, Juan Jesús Martín, e o Xefe provincial de Tráfico, Julio González, asistiron hoxe a un simulacro das probas que terán que realizar os rapaces participantes no XLIV Concurso Nacional de Educación Vial e o XXX Concurso Nacional de Seguridade o vindeiro mes de maio na cidade.
Uns 30 rapaces participaron nos circuitos de bicicleta, kart e ciclomotor que se realizaron no Parque Infantil de Tráfico cuns resultados de tempo moi positivos, segundo os organizadores do evento.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1720
- 1721
- 1722
- 1723
- 1724
- 1725
- 1726
- 1727
- 1728
- …
- seguinte ›
- última »