
O Concelleiro de Zona Rural, Manuel Chaín, participou, en representación do Alcalde de Lugo, na asemblea na que quedou constituído o Órgano de Participación da reserva Terras do Miño que mantivo o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, cos alcaldes dos concellos que entran dentro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares.

A concelleira de Infraestruturas, a nacionalista Paz Abraira, quere que os veciños e os condutores teñan información información puntual das distintas obras en marcha para minimizar as molestias e buscar itinerarios alternativos para os desprazamentos

O Alcalde destacou que grazas ó Plan Urban tamén se están a instalar xogos infantiis e un parque biosaudable no paseo interior da Muralla
Tamén se deron subvencións de máis de 9.000 euros para mellorar fachadas de negocios que dan ó adarve
A Concellería de Infraestruturas e Axenda 21 puxo en marcha o plan de coordinación coa Policía Local e a empresa adxudicataria para que as molestias á cidadanía sexan as menos posibles.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Ministro de Fomento, José Blanco, asinaron hoxe un protocolo de colaboración para o estudo da funcionalidade da Rede de Estradas do Estado no contorno de Lugo e a definición das actuacións que sexan necesarias para completar esta rede.

Os Concelleiros de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, Francisco Fraga, e de Zona Rural, Manuel Chaín, entregaranlle os diplomas ás persoas que asistiron aos cursos que se impartiron durante os meses de agosto e setembro en varios telecentros rurais.
A concelleira de infraestruturas, Paz Abraira, anuncia unha serie de medidas para reducir o custo de electricidade e mantemento da iluminación pública urbana, que supón máis de 2,3 millóns de euros ao ano para as arcas do Concello.
Abraira avanza que todas as obras que se fagan a partir de agora no casco histórico contarán cun control arqueolóxico previo para “sacar á luz todos aqueles valores ocultos que agocha aínda Lugo”.

A partir do mes de setembro iniciarase un novo programa de formación que contén actividades de difusión e formación sobre as novas tecnoloxías, enmarcado dentro do Proxecto europeo PARNET-tic, que xestiona o Concello, e que terá lugar nos telecentros
Hoxe reuniuse o xurado de expertos para avaliar as 10 ofertas presentadas para a construción de edificios destinados a novas tecnoloxías na parte traseira do Concello.
Todos os proxectos son galegos, dos cales sete son equipos de Lugo.
Os próximos días abrirase o sobre coa oferta económica do proxecto.

O Concello de Lugo acordou hoxe iniciar os trámites para cederlle unha parcela municipal situada en San Fiz á Universidade para a construción das novas instalacións da Aula de produtos lácteos e aprobou darlle nomes a tres rúas que circundan o novo Hospital, segundo informaron en rolda de prensa os Tenentes de Alcalde Luis Álvarez e Paz Abraira.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 261
- 262
- 263
- 264
- 265
- 266
- 267
- 268
- 269
- …
- seguinte ›
- última »