
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, participou na táboa redonda titulada “Situación laboral da muller no rural” no que participaron, Rosario Bosque, cooperante da ONG “Taller de solidariedade”, Verónica Marcos, representante de FADEMUR, Marta Álvarez, propietaria da Granxa Maruxa de Monterroso, e Mari Paz De la Fuente, representante dos Centros de Dinamización Rural do Concello de Lugo.
A concelleira de Infraestruturas, Paz Abraira, explica que o paso no que se vai actuar é empregado diariamente por cativos que se dirixen aos colexios da zona e por numerosos vehículos, o que constituía un grave problema de seguridade viaria.
Entre as peticións do Concello están tamén o desdobramento da Ronda Norte e a mellora dos accesos á cidade pola Fervedoira e pola Volta da Viña
A adxudicación produciráse despois de Semana Santa e os traballos comezarán en canto baixe o nivel de auga do río, posto que será necesario achicar o caudal mediante ataguías para poder actuar sobre as pilastras do vello viaducto romano

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Zona Rural, Manuel Chaín, visitaron esta tarde a nova fonte, reconstruída polo Concello, na parroquia de Conturiz. Esta actuación da Concellería de Zona Rural produciuse para atender unha demanda veciñal que expuxeron os residentes na parroquia ao considerala moi necesaria.

O Goberno Local aproba a contratación do servizo de actividades de animación sociocultural para os centros sociais do Concello
O Concelleiro de Urbanismo e Voceiro socialista, Luis Álvarez, instou hoxe ó Instituto Galego da Vivenda e Solo a rectificar a súa negativa a aboarlle ó Concello de Lugo os 80.000 euros da subvención ó Portelo Único que tramita as subvencións para rehabilitación de vivendas ó Concello de Lugo.

A concelleira de Infraestruturas, Paz Abraira, explicou onte na sede da Asociación de Empresarios do Ceao o proxecto, que renovará tanto servizos como pavimento e reordenará os espazos destinados a calzada, aparcamento e beirarrúa
Paz Abraira ultimou coa Comisión de Tráfico e a empresa adxudicataria os detalles para que as molestias aos veciños foran as menos posibles.
O martes 17 comezan a traballar na obra de pavimentación e posta en marcha de servizos da Rúa Otero Pedrayo, no tramo que vai desde a intersección con Rio Eo ata a intersección con Rio Sil.

Na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobáronse as bases que rexerán no procedemento aberto de licitación para a creación de terrazas na praza de San Marcos, segundo informou a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez.
O obxectivo é reducir o consumo en iluminación pública urbana, que se sitúa en 1,1 millóns de euros ao ano
Nos últimos días comezaron a funcionar co novo alumeado varias zonas da cidade. A execución destas obras fíxose baixo os criterios de acadar unhas boas condicións de seguridade, que non existían, unha redución de potencia, e polo tanto tamén do consumo, e unha redución do número de lámpadas de vapor de mercurio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 259
- 260
- 261
- 262
- 263
- 264
- 265
- 266
- 267
- …
- seguinte ›
- última »