O Concello de Lugo aforrou máis de 70.000 euros na contratación de catro obras que suporán a mellora de infraestruturas en diferentes zonas de Lugo que se adxudicaron esta mañá na Mesa de Contratación.
O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá, dos asuntos destacou a aprobación do prego de cláusulas para a contrataicón do servizo de roza en pistas de diversas parroquias da zona rural do Concello de Lugo para o ano 2014.
O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou hoxe que 114 empresas presentaron propostas ós concursos públicos para executar catro obras que ten en fase de contratación o Concello de Lugo. O presuposto total de licitación dos catro proxectos achégase ós 400.000 euros.
O Concello de Lugo celebrou hoxe unha sesión extraordinaria e urxente da Xunta de Goberno Local para tramitar por urxencia a contratación de tres obras e subsanar así un defecto de procedemento cometido na licitación destes proxectos.

O Concelleiro de Infraestruras e Zona Rural, Manuel Chaín, efectuou hoxe unha visita á fonte do lugar de Vilar, na parroquia de Adai, que acaba de ser rehabilitada polo Concello. A recuperación da fonte de Vilar é unha das actuacións que levou a cabo o Concello na zona rural de Lugo ó abeiro do Plan de emprego municipal SELFE II.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas e Zona Rural, Manuel Chaín, visitaron esta mañá as obras que se levaron a cabo no viario de acceso ao polígono empresarial do Ceao dende o parque empresarial de As Gándaras.
Alguna das obras aprobadas son a reforma do mercado de Quiroga Ballesteros, a repavimentación da Avenida de Fontiñas, o acceso á parroquia de Muxa, ou a recuperación da calella do Hospital e carril do Son
O Concelleiro de Infraestruturas e Zona Rural, Manuel Chaín, fixo unha visita ás obras que o Concello de Lugo levou a cabo na rúa Perpetuo Socorro e que conlevou unha renovación de todos os servizos da rúa.
A Concellería de Infraestruturas, que dirixe Manuel Chaín, comunica que mañá, xoves día 12, comezarán os traballos de instalación de luminarias na rúa Perpetuo Socorro cos que vai rematar o proxecto de renovación desta rúa e dos servizos no treito Avda Coruña-Río Cabe.
Neste proxecto a Concellería de Infraestruturas investiu un total de 79.000 euros.
A Concellería de Infraestruturas, Zona Rural e Medio Ambiente, que dirixe Manuel Chaín, informa que dende hoxe comezan as obras de asfaltado da estrada de Orbazai, no treito comprendido entre a Igrexa de San Lázaro e a ponte do río Mera.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 254
- 255
- 256
- 257
- 258
- 259
- 260
- 261
- 262
- …
- seguinte ›
- última »