O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu a inauguración dos actos do Día do Emprendedor, que comezaron esta mañá no Centro de Empresas e Innovación. O rexedor relatou que “ó longo do 2006 o Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo prestou asesoramento a preto de 600 persoas”, que o 93% do CEI xa está ocupado e que no primeiro trimestre do ano prestouse asesoramento a 46 proxectos empresariais.
O Centro de Empresas e Innovacións do Concello de Lugo, acolle o VIII Foro Emprendedor Business Angel Network Galicia (BANG) o próximo xoves 25 de outubro.
Os asistentes poderán coñecer as pautas para a elaboración e a análise de plans de empresa da man de Óscar García Álvarez, especialista na valoración de plans de negocio e análise de proxectos.
A Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real, vén de preparar un completo e variado programa de actividades para conmemorar o Día do Emprendedor.
Serán dous días de actividades, entre as que figuran ponencias, mesas redondas, xogos interactivos e tamén un concurso para escolares.
Tal e como indicou a Concelleira, “trátase de crear unha programación que incentive aos emprendedores, do mesmo xeito que amplían as súas experiencias e a súa formación”.
O Centro de Empresas e Innovación e o Centro de Servizos Tecnolóxicos estivo presente cun stad propio en Expolugo ata o pasado día 7. O CEI-Nodus achegouse deste xeito ó conxunto da poboación de Lugo é os visitantes chegados de fora, para dar a coñecer a súa ampla oferta de servizos para as empresas, os emprendedores e os traballadores desempregados.
Os preto de 24.000 visitantes da feira puidéronse achegar ó stand do CEI-Nodus e descubrir un centro e un equipo de técnicos ó seu servizo para facer realidade as ideas empresariais.
Un total de 65 empresas formáronse no último ano dentro do Centro de Empresas e Innovación, seis delas co calificativo de Iniciativa Local de Emprego. Así o anunciou hoxe a Concelleira de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Eva Real.
Explicou tamén que un total de 320 persoas recibiron asesoramento e formación para a creación e xestión dunha empresa.
O Centro de Empresas e Innovación e Centro de Servizos Tecnolóxicos (CEI-Nodus) estará presente cun stand propio na feira Expolugo que terá lugar de o día 4 ó 7 de outubro. O CEI-Nodus busca deste xeito achegarse ó conxunto da poboación de Lugo para dar a coñecer a súa ampla oferta de servizos para as empresas, os emprendedores e os traballadores desempregados.
Nos vindeiros días, os emprendedores que se acheguen ó stand do CEI-NODUS descubrirán un centro e un equipo de técnicos que lles axudarán a facer realidade a súa idea empresarial.
O Centro de Empresas e Innovación acollerá o próximo martes unha xornada laboral co título Integración Laboral e Novas Tecnoloxías. O camiño cara a igualdade. Trátase dunha xornada organizada pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio e pola de Muller e Benestar Social.
Así, esta actividade foi presentada hoxe polas Concelleiras responsables destas áreas, Eva Real e Carmen Basadre.
A Concelleira Economía e Emprego, Sonia Méndez, guiou a unha treintena de empresarios do polígono do CEAO nunha visita para coñecer as instalacións do Centro de Empresas e Innovación e as salas do Nodus.
Os empresarios mostraron o seu interese polos medios cos que conta o centro e a utilidade para as súas empresas.
O Centro de Empresas e Innovación, CEI, acolleu hoxe a xornada formativa As novas tecnoloxías na empresa galega, organizada pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real.
O acto estivo centrado na conferencia de Stefanie Kraus sobre as novas tecnoloxías no ámbito da empresa galega e da súa vantaxe competitiva. Esta ponente está considerada como a maior experta en aplicación de novas tecnoloxías na empresa. De feito, recibiu o premio ao mellor directivo do ano 2006 na categoría Pymes.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou dous dos cursos formativos que dende o Concello de Lugo ofrécense ós lucenses desempregados: Técnico en Seguridade Agroalimentaria e Sistemas de Autocontrol, e o de Experto en Software Ofimático Libre.
O nivel de interese despertado polos cursos foi moi elevado, sobretodo entre as mulleres que constitúen o 60% dos asistentes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 251
- 252
- 253
- 254
- 255
- 256
- 257
- 258
- 259
- …
- seguinte ›
- última »