A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, mantivo unha xuntanza con directores e representantes dos distintos centros de ensino da cidade nos que se imparte Formación Profesional e ciclos formativos, para presentarlles o proxecto de inserción laboral Lugoqualitas.
Esta iniciativa, denominada “Formación Europea para a cualificación profesional da mocidade lucense Lugoqualitas”, está promovida polo Concello de Lugo ao abeiro do programa europeo Leonardo da Vinci e contempla a realización de prácticas profesionais en países europeos por parte de mozos lucenses que se atopen no mercado
Os barrios teñen un protagonismo absoluto na idea do futuro de Lugo de López Orozco
Supón un incremento do 9,75% con respecto ós orzamentos do ano 2007 e a media por habitante supera os 1.000 euros por persoa
O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, presentaron o proxecto de orzamentos do equipo de goberno á oposición.
O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo (CEI) celebrará o luns un seminario que leva por título “Como pedir subvencións da Administración”.
Trátase dunha nova acción formativa totalmente gratuíta e orientada especialmente a empresarios e emprendedores.
O Concelleira de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Eva Real, e o Vicerreitor Adxunto de Innovación, Agustín Merino, presentaron hoxe o I Maratón Empresarial Universitario que se celebra organizado polo Concello de Lugo en Colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, concretamente coa Facultade de Dirección e Administración de Empresas.
Un total de seis equipos están xa inscritos para esta proba ou xogo, que consistirá nunha simulación empresarial para adestrarse na toma de decisións.
O Alcalde, de Lugo, José López Orozco; a Concelleira de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Eva Real, e o Delegado da Consellería de Traballo, Miguel Vázquez Calvo, fixeron entrega hoxe dos diplomas ás 262 persoas que recibiron formación durante o ano 2006 nos cursos organizados polo Centro de Empresas e Innovación.
Este grupo de alumnos formouse no Centro de Empresas a través de 20 accións formativas relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas á empresa.
Trece destas accións englóbanse dentro do Plan FIP, concedidas pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e finan
O Concello de Lugo convertiuse xa nun exemplo de accesibilidade aos centros históricos en localidades do sur de Europa.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, clausurou esta mañá as xornadas organizadas no Centro de Empresas e Innovación con motivo do Día do Emprendedor. Neste acto estivo acompañado do Secretario Xeral da Consellería de Traballo, José Vázquez Portomeñe; o Vicepresidente da CEL, David Vilela, e do da Cámara de Comercio, Jesús Pernas.
Centos de persoas participaron nos actos organizados dende onte neste centro de fomento do autoemprego, que depende da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio.
O Centro de Empresas e Innovación acolle este xoves, día 8 de novembro, a conferencia "Financiar a Innovación e Innovar o Financiamento" (Como financiar as PEMES en España e en Galicia).
Terá lugar ás 20:00 horas e contará coa presenza de Daniel Yebra López (Director de Asesores Patrimoniales S.L.), David Calvo Mallón (Analista de Inversiones. UNIVEST S.G.E.C.R., S.A.) e o empresario Jorge Fernández Amoedo (Presidente Executivo de Kiosco24 Marín, S.A.).
O luns día 29 comeza no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo o Curso Técnicas de xestión comercial. É curso dirixido a calquera persoa interesada, aínda que os seus contidos pertencen ao ámbito empresarial e ten por obxectivo coñecer as técnicas para mellorar a xestión comercial dunha empresa, aprendendo, entre outros, a identificar os motivos que levan a un cliente a comprar os nosos productos, coñecer os principios que rexen a venda e o marketing, ou como fidelizar a un cliente.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu a inauguración dos actos do Día do Emprendedor, que comezaron esta mañá no Centro de Empresas e Innovación. O rexedor relatou que “ó longo do 2006 o Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo prestou asesoramento a preto de 600 persoas”, que o 93% do CEI xa está ocupado e que no primeiro trimestre do ano prestouse asesoramento a 46 proxectos empresariais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 250
- 251
- 252
- 253
- 254
- 255
- 256
- 257
- 258
- …
- seguinte ›
- última »