A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, mantivo hoxe unha nova xuntanza para tratar o tema da nova tarifa da auga cos técnicos municipais e a oposición.
A proposta do equipo de Goberno contou co voto a favor do BNG e a abstención do PP, así como cos informes favorables dos técnicos municipais. Esta proposta será levada o vindeiro xoves día 5 de novembro a un pleno extraordinario.
O Concello de Lugo ten como obxectivo a promoción do emprego e do emprendemento polo que está a levar a cabo diferentes actuacións e implementacións, así como actividades de difusión da cultura emprendedora. O próximo evento programado polo Concello será a xornada O emprego e a competitividade na estratexia de Lisboa: prioridade da presencia española na UE en 2010, que terá lugar o vindeiro venres 6 de novembro no CEI-Nodus en horario de mañá.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e os alcaldes doutros municipios da provincia, participaron esta mañá na presentación dos obradoiros de emprego Escolas Rurais subvencionados pola Xunta de Galicia. Neste acto participou tamén a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.
O Concello de Lugo celebrou esta mañá unha Comisión de Seguimento do Plan Urban na que se deu conta das liñas de traballo que se están a levar a cabo e os proxectos que se realizarán proximamente.
* As novas taxas inclúen, así mesmo, a ampliación das exencións e bonificacións nas taxas pola prestación de servizos sociais
O Executivo Local aprobou hoxe en Xunta de Goberno Extraordinaria a conxelación dos tributos municipais como medida de apoio e alivio fiscal a familias e empresas asentadas na cidade. O obxectivo, tal e como destaca o Goberno, “persegue que o capital circule e se traduza nun maior consumo das familias”.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta mañá na Facultade de Económicas na inauguración dun congreso internacional sobre economía e finanzas no que destacou o labor da USC como a mellor aposta polo coñecemento, polo presente e polo futuro.
* Así o decidiu nunha reunión con representantes da CEL, Federación de Comercio de Lugo e a Asociación Provincial de Hostelería

O Concello de Lugo continúa a promover entre a mocidade lucense a creación de empresas na forma xurídica de cooperativa, así como promover os valores de solidariedade e voluntariedade, valores positivos para a sociedade en xeral.
Nesta ocasión, a Concellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, organizou unha serie de actividades formativas de promoción e fomento do cooperativismo dirixidas a alumnos de ESO dos centros de ensino da cidade de Lugo.
O Concello de Lugo celebrou esta mañá unha xuntanza para a selección da proposta de rehabilitación do antigo cárcere do Partido Xudicial de Lugo que posibilita a implantación dun programa de usos adecuado ao fin socio-cultural que se lle pretende dar.
O proxecto elexido entre os cinco candidatos pre-seleccionados foi o preparado por Creus e Carrasco Arquitectos, S.L.P. da Coruña.

* Así mesmo, FEAFES e Urbaser rubricaron un convenio para a realización das prácticas do curso na empresa concesionaria do servizo de limpeza
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 228
- 229
- 230
- 231
- 232
- 233
- 234
- 235
- 236
- …
- seguinte ›
- última »