
O Concello de Lugo celebrou hoxe unha Xunta de Goberno Extraordinaria na que aprobou os proxectos que se financiarán con cargo ao Plan Zapatero de 2010. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, explicou que o FEESL 2010 destina 10.315.172 euros a Lugo que se investirán en obras importantes desde o punto de vista das novas tecnoloxías o medioambiente co fin de mellorar a cidade e crear emprego.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, entregaron hoxe os diplomas aos participantes no obradoiro Escola Solidaria. Na súa intervención, López Orozco animou aos xoves lucenses “a seguir formándose como paso previo á súa incorporación no mercado laboral”.
O Concello de Lugo mantén aberto ata o vindeiro 23 de xaneiro o prazo de inscrición para participar na segunda fase do programa de inserción laboral Lugo, Emprego Activo.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, propuxo hoxe que, de fusionarse as caixas galegas, Caixanova e Caixa Galicia, se estude a posibilidade de que a cidade se converta no centro de datos, “tendo en conta o aforro que a provincia destina ás entidades”.
“Somos capital dunha provincia e unha provincia moi aforradora. Así que o Concello está disposto a colaborar para que ese centro veña para Lugo. Lugo ten dereito a reclamar que unha das patas dese desenvolvemento das caixas se afinque en Lugo”, reclamou.

* A Concelleira de Economía e Emprego entregou os seus diplomas aos participantes do programa experimental en materia de emprego “Lugo Contigo” e aos participantes da primeira fase do programa integrado para o emprego “Lugo contigo II”.
* O Concello está a preparar unha nova convocatoria deste programa na súa segunda fase

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o reitor da USC, Senén Barrio, asinaron esta mañá na Casa do Concello dous convenios no marco de colaboración que manteñen as dúas institucións.

O Concello de Lugo aprobou hoxe coa abstención do BNG e o voto en contra do PP os orzamentos para 2010 que a concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, defendeu como unhas contas “sociais, investidoras, austeras, rigorosas e realistas”.
O Concello de Lugo recorda que todas as accións levadas a cabo en relación co matadoiro municipal dos últimos meses pretenderon salvagardar os dereitos dos traballadores como cuestión irrenunciable.
O Concello de Lugo informa que o matadoiro municipal permancerá pechado á espera dunha solución satisfactoria para os intereses municipais. Así o fai saber logo de pechar o prazo para o concurso convocado para a xestión do servizo do matadoiro -ao que previsiblemente ían optar os carniceiros- e non terse presentado ningunha oferta.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, presidiu esta mañá o Foro de Igualdade no que se acordou estudar a posibilidade de que as subvencións que o Concello conceda no ano 2010 primen ás entidades que promovan a paridade, tanto nas súas estruturas como nos órganos de dirección e xuntas directivas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 225
- 226
- 227
- 228
- 229
- 230
- 231
- 232
- 233
- …
- seguinte ›
- última »